30 outubro 2025
29 outubro 2025
Chegou o Samaín!!
Ola peques e familias!!
Chegou o Samaín á nosa aula!! Esta semana ao entrar atopámonos con moitas sorpresas!!
Fixemos moitas actividades relacionadas!!
Aproveitando tamén para seguir coñecendo o CORPO HUMANO a través dos ESQUELETOS!!
Tamén Libria nos sorprendeu!! Aquí deixamos o enlace!!
BLOG DA BIBLIOTECA
Pensamos que só quedaba a FESTA do xoves pero as mestras xunto con Libria prepararan antes unha SORPRESA LECTORA!! Deixáronnos vir en PIXAMA para realizar LECTURAS DE SAMAÍN A ESCURAS CON LANTERNA!!
Primeiro escoitamos uns contos terroríficamente divertidos e despois... lectura libre!!
Foi unha experiencia xenial e moi motivadora de cara á lectura!! Agora toca prepararse para a festa de mañá!! Xa tedes a entradiña!!
Boas noitiñas!!
Obradoiro de cociña!!
Ola peques e familias!!
Como sabedes, levamos semaniñas aprendendo moito sobre alimentación saudable!! Este tema vai moi unido á temática escollida en 1º: "COCIÑEIROS/AS VIAXEIROS/AS"!! Antes de despegar a outros países do mundo estamos descubrindo os recursos da Illa de Arousa e da nosa comunidade autónoma: Galicia!! Polo que a pasada semana tivemos un OBRADOIRO DE COCIÑA que o uniu todo!!
Seguimos tamén co tema das profesións polo que misturando todo... recibimos a visita do pai de Leire que é cociñeiro!!
Con el cociñamos paso a paso unha receita da nosa terriña!! EMPANADILLAS!!
Primeiro tocou facer o recheo con ingredientes ben saudables!!
Despois, pesamos a masa para dividila, preparala e recheala!!
Para distinguir a empanadilla de cada un/unha elaboramos as nosas iniciais que colocamos na parte superior!!
Feito isto, pintámolas con ovo e foron directas ao forno, o cal é unha mellor opción á fritura.
Mentras esperabamos a que se cociñasen, tivemos a sorte de que Álvaro nos preparase unhas TORTITAS!! Tamén moi, moi saudables con AVEA e PLÁTANO como ingredientes principais!! Encantáronnos!!
Antes de marchar, agasallamos a Álvaro cun merecido DIPLOMA e clasificamos a súa profesión nas que prestan SERVIZOS!!
Moitas grazas pola túa visita!! Aprendemos un montón (ata mates e lectoescritura!), entrenamos a motricidade das nosas manciñas un pouquiño máis para a escritura sen darnos conta, merendamos rico e saudable e pasámolo xenial!! Tamén descubrimos que os ingredientes máis importantes para a cociña son a PACIENCIA e o AGARIMO!!
Apertiñas agradecidas!!
Subscribirse a:
Comentarios (Atom)
Festa de Nadal!!
Ola peques e familias!! Co fin de trimestre chegou a tan esperada celebración do Nadal no cole!! Comezamos cunha merendola de chocolate con...
-
Bo día peques e familias!! O curso arranca e con el damos a BENVIDA a novas e novos peques en PRIMARIA cunha aula ben colorida!! Na clase...
-
Ola peques e familias!! Nas LINGUAS estamos avanzando un montón na aprendizaxe da ORTOGRAFÍA, tan importante para unha CORRECTA ESCRITURA!...
-
Ola peques e familias!! Vaia dous días de emocións levamos!! Onte antes da festa de pixamas recibiamos unha CARTA moi especial!! Xa facía u...


































































