venres, 20 de xuño de 2025
mércores, 18 de xuño de 2025
Por fin temos o PRODUTO FINAL!!
Ola peques e familias!!
Este curso todo o cole aprendemos moito co proxecto "Arousa en tradición"!!
Foron meses nos que cada aula ou nivel profundizou nun tema relacionado co xeral. Todo este traballiño tivo moitos froitos que hoxe vos presentamos nesta presentación tan especial!! Buscade o apartadiño de segundo, con avoíñ@s incluíd@s, e descubride os marabillosos traballos dos nosos compis doutros cursos!! Esperamos que a disfrutedes moito e que vos guste tanto como a nós vivilo!!
PRODUTO FINAL "Arousa en tradición"
Grazas pola vosa colaboración!!
Apertiñas carcamáns!!
martes, 17 de xuño de 2025
Máis contacontos das familias!!
Ola peques e familias!! A seguinte en visitarnos foi a nai de Carmen!! Ela escolleu o libro "Conexión Macarrón" e soubo contalo como ninguén!! Engancháronnos todas as aventuras e rimos un montón!! Despois falamos con ela un ratiño e confirmamos o que Carmen sempre nos contaba, é unha grandísima lectora por iso é moi amiga de Libria!! Despedímola cun merecido diploma e ela tamén nos trouxo uns agasalliños nunhas bolsiñas ben simpáticas, ademais de agasallarnos o libriño!! Moitas grazas pola túa visita!!Uns días máis tarde, visitounos a nai de Breixo que escolleu o conto "soy más fuerte que la ira". Dende o principio nos fixo partícipes propoñéndonos facer cambios no conto!! Estivemos moi atent@s á historia que contou moi ben e aprendemos moitos valores!! Para despedila tiñamos un merecido diploma para ela!! Tamén recibimos unha planta e unhas galletiñas que fixo con moito agarimo para nós!! Moitas grazas de corazón!!A derradeira visita foi a da nai de Martín que escolleu un libro do gran Hematocrítico, titulado "O lobo con botas". Foi un contacontos lido á vez que teatralizado, xa que practicou moito as voces e xestos na casa, polo que nos tivo ben atent@s todo o tempo!! Vaia volta lle dá ese conto á TRADICIÓN, encantounos!! Por suposto, entregámoslle o seu merecido diploma e ela agasallounos cunhas libretiñas con mensaxe para o verán!! Mil grazas por todo!!E aquí rematou unha actividade ben interesante e especial que familias, peques e mestra gardaremos na nosa mochiliña de recordos!! Moitas grazas sempre pola colaboración!! Apertiñas agradecidas!!
Comezo dos contacontos das familias!!
Ola peques e familias!!
Durante os meses de abril e maio, unindo o DÍA DO LIBRO co DÍA DA FAMILIA disfrutamos duns estupendos CONTACONTOS da man das familias dalgúns compis!! As primeiras en visitarnos foron as nais de Enma, Mía, Hugo e Valentina!!
Elas teatralizaron o conto "A mellor sopa do mundo"!! Ademais, acompañárono de moita TRADICIÓN e ata lle botaron unhas pezas!!
Foi xenial!! Remataron cun agasalliño moi tradicional para nós e co seu merecido diploma!! Moitísimas grazas!!
A seguinte foi a nai de Alén e Vera que elexiu o conto "ponte no meu lugar"!!
A través de sons, imaxes, teatro e ata baile aprendemos un montón de valores!!
Tamén nos preparou unha actividade moi interesante!!
E para rematar levou o seu merecido diploma e tamén tiña un agasalliño para nós para que nunca nos esquezamos de ler!! 

Aínda tivemos máis!! En próximas entradas volo contaremos!! Grazas ás participantes!!
Apertiñas lectoras!!
domingo, 15 de xuño de 2025
Despedímonos d@s avoíñ@s do Centro de Día Arousa!!
Ola peques e familias!!
Como xa vos adiantamos na anterior entrada, na penúltima semaniña do curso vivimos dous momentos moi, moi emotivos!! Tocou despedirse d@s avoíñ@s dos CENTROS DE DÍA que nos acompañaron, ensinaron e emocionaron durantes estes dous cursos!! O xoves visitamos o Centro de Día Arousa!!
Ao chegar, tiñamos preparada unha SORPRESA para el@s!! Cantamos e tocamos a canción "NOSA ILLA", coa axuda da profe Patri!! Grazas sempre por facer maxia coa música!!
Despois tocou merendar!! Ao que nos trouxemos da casiña engadimos un biscoito riquísimo que fixeron para nós!! O agarimo estivo presente en todo momento!! As palabras, miradas e ata unha canción composta para el@s dicíano todo!!
Tamén os agasallos de despedida!! Unha postaliña feita por nós con moito agarimo e uns doces que nos levamos para casiña!!
Cantas aprendizaxes e emocións!! Foi unha mañá preciosa e unha experiencia incrible!! Un agradecemento especial a Valeria, Esther e María por recibirnos sempre cos brazos abertos!! Aproveitamos para felicitarvos polo voso segundo aniversario e pola labor tan bonita e necesaria que facedes!! A por moitos máis!!
Apertiñas emocionadas!!
Despedímonos dos "avoíñ@s" dos Centros de Día Lembranzas!!
Ola peques e familias!!
Na penúltima semaniña do curso vivimos dous momentos moi, moi emotivos!! Tocou despedirse d@s avoíñ@s dos CENTROS DE DÍA que nos acompañaron, ensinaron e emocionaron durantes estes dous cursos!! Comezamos o martes coa visita do Centro de Día Lembranzas que esta vez viñeron dende o de Vilagarcía, pero tamén dende o de Cambados!! Ao chegar, tiñamos preparada unha SORPRESA para el@s!! Cantamos e tocamos a canción "NOSA ILLA", coa axuda da profe Patri!! Grazas sempre por facer maxia coa música!!
Por suposto, presidindo e con gran expectación por parte d@s peques, viñeron RAMÓN, SITA E JULIA que foron puntos clave neste proxecto!!
Pero tamén viñeron tres usuarias máis de Cambados, entre as que destacamos á gran PACITA!! Ela ten 97 anos, foi mestra e continúa encantándolle estar rodeada de peques!! Ben se notou nas súas palabras, xestos e no conto que nos agasallou!!
Vaia momento máis especial para pechar a actividade dos CONTACONTOS COAS FAMILIAS!! E ata lles presentamos a Libria e Amaranta!!
O agarimo estivo presente en todo momento!! As apertas, palabras e miradas entre el@s dicíano todo!!
Tamén os agasallos de despedida!! Unha preciosa cartiña que nos adicaron el@s acompañada de doces e a nosa postaliña feita con moito agarimo!!
Cantas aprendizaxes e emocións!! Foi unha mañá preciosa e unha experiencia incrible!! Un agradecemento especial a Carolina e Andrea e as súas compis por facelo posible!! Aproveitamos para felicitarvos polo voso aniversario en ambos centros e pola labor tan bonita e necesaria que facedes!! A por moitos máis!!
Apertiñas emocionadas!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
Aniversarios do terceiro trimestre e verán!!
Ola peques e familias!! Este trimestre festexamos os últimos ANIVERSARIOS do curso!! Comezamos cos de Álex, Carmen, Sofía e Icía que quixer...

-
Ola peques e familias!! Nas LINGUAS estamos avanzando un montón na aprendizaxe da ORTOGRAFÍA, tan importante para unha CORRECTA ESCRITURA!...
-
Ola peques e familias!! Vaia dous días de emocións levamos!! Onte antes da festa de pixamas recibiamos unha CARTA moi especial!! Xa facía u...
-
Ola peques e familias!! Como cada curso Libria puxo en marcha o trimestre pasado esta actividade que nos encanta!! E este curso tivemos mo...