martes, 26 de novembro de 2024
luns, 25 de novembro de 2024
25N - Día internacional da eliminación da violencia contra a muller.
Ola peques e familias!!
Hoxe reunímonos todo o colexio no patio para unha CONMEMORACIÓN que ogallá pronto non sexa necesaria.
O 25 de NOVEMBRO é o DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER. Seguindo o tema da TRADICIÓN, a actividade tratábase de reflexionar sobre a estrofa dunha muiñeira que se asignou a cada curso e CAMBIAR o que considerasemos violento.
A estrofa de segundo foi a seguinte:
Despois dunha longa reflexión sobre eses versos pero tamén sobre todos os tipos de VIOLENCIA que aínda nos rodean, puxemos en común cos compis de 2º B as ideas que tiñamos para cambiala.
O resultado da nosa aula foi o seguinte!!
O seguinte paso era dramatizala!! Así que practicamos moito na clase!!
E hoxe tocou facelo con todo o cole!!
Este foi o resultado do GRAN TRABALLO EN EQUIPO!!
Na nosa aula e no noso cole...
NON QUEREMOS VIOLENCIA!!
Apertiñas reivindicativas!!
venres, 22 de novembro de 2024
Visita ao CENTRO DE DÍA LEMBRANZAS!!
Ola peques e familias!!
Esta semana vivimos unha experiencia moi emocionante!!
Despois de traballar intensamente o curso pasado o tema da ARTERAPIA facendo felices aos avoíñ@s dos CENTROS DE DÍA da Arousa, Cambados e Vilagarcía a través de cartas, debuxos e visitas del@s ao cole... tocounos coller o bus e visitar o último!!
O elfiño e Amaranta quixeron vir con nós e estaban tan content@s que bailaron durante toda a viaxe!!
Nós estabamos moi emocionad@s!! Era unha excursión verdadeiramente especial polo seu significado!!
Só chegar recibíronnos con aplausos!! Foi incrible!!
Ver as súas cariñas e disfrutar das súas apertas e bicos fixo moi especial a chegada!! Alucinamos cando vimos o nome do proxecto do cole na súa pantalla!! E tamén o do proxecto de segundo!!
Para comezar fixemos un precioso XOGO DE PRESENTACIÓN!!
Despois fixemos equipos mesturados e tocaba colaborar para coñecer máis sobre a TRADICIÓN coa axuda dun xogo que nos prepararon os avoiñ@s!!
Incluía cantar a bailar moito!!
Ata cun concerto moi especial!!
Foi un momento divertido, didáctico e emocionante a partes iguais!! Tamén tiñan preparado o xogo das cadeiras onde a empatía foi o mellor ingrediente!! Unha imaxe vale máis que mil palabras!!
A unión á hora de animar foi preciosa!! E comentarios dun peque cara unha "avoíña" como: "Moi ben Isabel, ganaches catro rondas!!" deixáronnos sen palabras!!
Compartir CANTIGAS TRADICIONAIS e moitos SORRISOS demostrou que "NON HAI FRONTEIRAS" entre nós!!
Nós tamén tiñamos unha SORPRESA!!
Unha carta moi especial e debuxos feitos con moito amor que lles encantaron!!
Compártovos unha conversa da seguinte imaxe:
- Encantaríame ler a vosa carta pero non sei... (avoíña)
- Se queres lémoscha nós!! (peques)
Invitáronnos a unha riquísima merendola para repoñer forzas!!
E... seguimos con BINGO de CANTIGAS TRADICIONAIS e música máis moderna!!
O equipo gañador tivo ata TROFEO feito pol@s avoíñ@s!!
Pero como tod@s o fixemos tan ben decidimos compartilo!! Tamén...co elfiño!! Non podía ter mellor comezo o noso proxecto de segundo: "CONTAMOS, CANTAMOS...RECORDAMOS".
O momento máis emotivo chegou cando nos agasallaron con PULSEIRAS DA AMIZADE que debiamos intercambiar con alguén!! Ata tiñan unha para Amaranta e o elfiño!! As emocións estiveron a flor de pel...
Aproveitando un raio de sol fomos un ratiño ao parque acompañados por algún avoíño!!
E aínda quedaba un agasallo moi especial para @s peques e as mestras!!
Sen dúbida esta excursión merecía unha entrada longa e, aínda así, aquí non se pode recoller o verdadeiramente importante... os momentos especiais compartidos, as aprendizaxes, valores e emocións que levamos para sempre nos nosos CORAZONCIÑOS!!
E nos nosos SORRISOS!! Aquí unha mensaxe despois dunha actividade de reflexión que fixemos ao día seguinte!!
Faltan palabras para AGRADECER tanto agarimo por parte d@s AVOÍÑ@S, de Carolina e do seu equipo!! Sodes moi especiais!!
Levámosvos no CORAZÓN e esperamos prontiño a vosa visita ao cole!!
Se aínda queredes ver máis pinchade no seguinte enlace:
CENTRO DE DÍA LEMBRANZAS
Apertiñas moi emocionadas!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
Obradoiros de xogos tradicionais!!
Ola peques e familias!! Este trimestre estivo cheo de OBRADOIROS DE TRADICIÓN ORAL grazas aos nosos avoíños e avoíñas!! Canto aprendemos e ...

-
Ola peques e familias!! Nas LINGUAS estamos avanzando un montón na aprendizaxe da ORTOGRAFÍA, tan importante para unha CORRECTA ESCRITURA!...
-
Ola peques e familias!! Como sabedes, esta semana comezou cunha visita moi, pero que moi especial!! Despois de todo o curso inmersos na ART...
-
Ola peques e familias!! Vaia dous días de emocións levamos!! Onte antes da festa de pixamas recibiamos unha CARTA moi especial!! Xa facía u...