mércores, 28 de febreiro de 2024
luns, 26 de febreiro de 2024
Festa da CENTENA!!!
Ola peques e familias!!
Sen palabras nos quedamos coa SUPERCARTA que recibimos hoxe!! Escribírona AMARANTA, TRAVESIÑO E LIBRIA!! Os tres xuntos!! Era a primeira vez que isto acontecía polo que xa imaxinamos que sería algo IMPORTANTE!!
Cando a leu o encargado entendimos todo!! Levamos 100 DÍAS DE COLE XUNTIÑ@S!!
Cando chegamos de inglés esperábanos a GRAN SORPRESA!! Vaia FESTAZA nos tiñan preparada!! Alucinamos!!
Ata LIBRIA se uniu cuns SUPERNÚMEROS!!
Só hai que ver... e escoitar a nosa EMOCIÓN!!
Comimos lambonadas que nos tiñan preparadas, completamos os nosos monedeiros que pasaron de ter 80 EUROS a 100!! E despois...a 200!!
E recibimos uns CONTIÑOS moi especiais!!
Estabamos tan felices que ata rematamos cunha CONGA tod@s xunt@s!!
100 DÍAS MOI ESPECIALES DE APRENDIZAXES E SORRISOS!! 100 DÍAS DE MOITAS EMOCIÓNS E SENTIMENTOS COMPARTIDOS!! 100 DÍAS DE TRABALLO EN EQUIPO CON VÓS, FAMILIAS!! 100 AGRADECEMENTOS QUE MERECEDES!! E 100 APERTAS PARA TOD@S!!
E para despedirnos peques... contade en COMENTARIOS cales foron os momentos e aprendizaxes máis especiais para vós nestes días!! Familias podedes participar tamén!! Encantaranos ler todo na aula XUNT@S!!
A SEGUIR ENCHENDO A NOSA MOCHILIÑA DE SORRISOS E APRENDIZAXES!!
Apertiñas emocionadas!!
venres, 23 de febreiro de 2024
Semana de Rosalía de Castro!!
Ola peques e familias!! Que semana tan enriquecedora coñecendo detalles moi interesantes da vida e obra de Rosalía de Castro!! E hoxe seguimos co agasallo de Amaranta!! Convertiuse en ARTISTA- pintora- escritora... e tróuxonos unha colección de libros!! Co gallo da conmemoración do seu día hoxe 23 de febreiro decidimos organizar unha SAÍDA AO CENTRO DO DÍA para seguir pintando SORRISOS nas cariñas dos nosos maiores!! Por mor do mal tempo non puido realizarse pero quedou aprazada e, ese día, repartiremos pola rúa uns folletiños que nós mesm@s elaboramos con poemas da autora e entregaremos no centro de día este carteliño precioso que realizamos xunto cos compis de 1ºB!! Ademais, recitaremos e cantaremos varios poemas e cancións que levamos días ensaiando!! Xa somos uns expert@s!! Ata nos animamos cun reto-poema que nos propuxo a profe que aquí vos deixamos para que o intentedes en familia!! Se o conseguides contádenolo en comentarios!! Nós... cada vez o facemos máis e máis rápido!! E tamén mellor e mellor!!Tamén nos encanta o poema musicado "ADIÓS RÍOS, ADIÓS FONTES"!! Sabémolo recitar, cantar coa seguinte melodía e ata rapear!! E "Rosalía pequeniña" tennos namorad@s!!A próxima semana contarémosvos a experiencia da saída!! ROSALÍA SEMPRE!!Apertiñas poetisas!!
xoves, 22 de febreiro de 2024
Que interesante o mundo das PLANTAS!!
Ola peques e familias!!
Seguimos fascinad@s descubrindo cousiñas dun dos tipos de SERES VIVOS que nos rodean: AS PLANTAS!! Están presentes nas nosas horas de lectura a través de moitos libros que temos na biblioteca de aula pero, tamén, duns traballiños que trouxeron uns compis!!
Ademais, xa rematamos o LAPBOOK!!
Quedou precioso e canto aprendemos!! Tamén apareceu Amaranta cunha nova INVESTIGACIÓN sobre este tema!!
Así que puxémonos mans á obra para buscar 6 árbores no seu libriño e despois comprobamos nós mesm@s se o resultado era correcto cunha axudiña que ela mesma nos deixou!! É máis boíña!!
Rematamos coa LECTURA EN ALTO de todas as aventuras do seu libriño, recordando que animais aparecían e os seus nomes propios, lugares que visita situándoos no mapa e as árbores que recordabamos perfectamente despois da investigación!!
Aproveitamos para falar das diferenzas entre a LETRA DE IMPRENTA que aparece nese libro ou neste blog por exemplo, e a LETRA LIGADA que coñecemos mellor, sobre todo, fixándonos nestas 4 letras que son moi parecidas!! Grazas ao XOGO que fixemos xa sabemos o truquillo para distinguilas e a lectura resultou máis sinxela!!
Por certo, tamén descubrimos que saía unha ra que se chamaba Rosalía e vivía en Padrón como a escritora que estamos coñecendo mellor esta semana!! Que casualidades nos trae esta Amaranta!! Despedímonos hoxe con...
apertiñas investigadoras!!
martes, 20 de febreiro de 2024
Investigación no patio!!
Ola peques e familias!!
Continuamos as aprendizaxes sobre os TIPOS DE PLANTAS cunha INVESTIGACIÓN NO PATIO!!
Primeiro realizamos unha táboa de clasificación na aula. Despois coa axuda da profe Patri fomos a descubrir que tipos de plantas atopabamos e en que cantidade!!
A actividade tivo un plus de diversión ao ir disfrazados!! E por que non dicilo?? Moita imaxinación no rexistro!! Isto si é TRABALLO EN EQUIPO!!
Apertiñas investigadoras!!
luns, 19 de febreiro de 2024
Creamos un LAPBOOK das plantas!!
Ola peques e familias!! Amaranta non deixa de sorprendernos e CARTA a CARTA foinos proporcionando toda a información e materiais necesarios para crear un LAPBOOK das plantas!! Agora xa sabemos o que é e encántanos a idea!! Traballamos este tema de mooitas maneiras!! Coñecemos os tipos de plantas mediante ADIVIÑAS mentras realizabamos un ESQUEMA na pizarra e creámolas con PLASTILINA sen esquecer ningunha parte!!
Este tema sigue!! Non vos perdades próximos capítulos!! Apertiñas vexetais!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
A biblioteca galáctica contra a IA fantástica!!
Ola peques e familias!! O título desta entrada correspóndese co do libro que nos agasallou LIBRIA e no que se basea a OBRA DE TEATRO á que...
-
Ola peques e familias!! Nas LINGUAS estamos avanzando un montón na aprendizaxe da ORTOGRAFÍA, tan importante para unha CORRECTA ESCRITURA!...
-
Ola peques e familias!! Como sabedes, esta semana comezou cunha visita moi, pero que moi especial!! Despois de todo o curso inmersos na ART...
-
Ola peques e familias!! Vaia dous días de emocións levamos!! Onte antes da festa de pixamas recibiamos unha CARTA moi especial!! Xa facía u...