venres, 26 de xaneiro de 2024

Amaranta ten mascota!!

Ola peques e familias!! 

Amaranta non deixa de sorprendernos!! 

Esta semana recibiunos cunha CARTA onde nos dicía que lle estaban encantando as presentacións das MASCOTAS D@S ENCARGAD@S e que nos presentaría á súa pero... teriamos que atopala na BIBLIO!! Así que alá nos fomos!! 

Prontiño demos con ela!! E co seu agasallo SORPRESA!! 

Como se enterou que estabamos traballando os NOMES PROPIOS, na seguinte CARTA pediunos que lle puxeramos NOME á súa mascota e ás do elfiño, xa que estaban un pouco tristes porque todavía non tiñan. Así que... puxémonos MANS Á OBRA e, despois de moitas propostas e votacións, xa temos nomes gañadores por maioría!! 

Seguimos traballando os NOMES COMÚNS E PROPIOS cunha INVESTIGACIÓN dos amiguiñ@s de Amaranta no seu libro!! 

Xa facía tempo que non utilizabamos a LIBRETA e o fixemos moi ben!!

Pois despois de atopar a mascota de Amaranta e cumprir coas misións... como nos prometeu o venres recibiunos cunha ACTIVIDADE ESPECIAL que pronto vos contaremos!! Só vos adiantamos como nos atopamos a aula ao chegar!!

 Intentade adiviñar que pode ser e deixádeo en comentarios!! 

E antes de marchar... REPASEMOS!!

Apertiñas investigadoras!!

mércores, 24 de xaneiro de 2024

Amaranta chegou festeira!!

Ola peques e familias!! 

Hoxe Amaranta sorprendeunos cunha CARTA MOI ESPECIAL!! 

Dicía que se enterara de TODOS OS SORRISOS que leváramos aos AVOÍÑ@S e tamén a primeira boa acción que a nosa compi Valentina fixera na súa casiña co elfo Travesiño!! Xa que, ademais de acompañala a todas partes...

...chegoulle unha carta coa MISIÓN que lle encomendou!! 

Así nola conta a súa mamá:

Así que toda a familia puxéronse mans á obra e vaia se cumpriron!! Valentina sorprendeunos na aula con esta CAIXA-AGASALLO cheíña de contos e xoguetes para repartir pero, sobre todo, de moito AMOR e APRENDIZAXES EN VALORES!! Alucinamos!! Grazas compi e familia!! 


Entón... como somos tan boíñ@s díxonos que para ela somos... "PINTOR@S DE SORRISOS"!! E tivo unha IDEA que nos encantou!! Disfrazarnos diso no ENTROIDO!! 

Pedíalle á profe Ali que pensase como podiamos argallar ese DISFRAZ e finalmente... xa nos fomos para casa con todo solucionado e desexando que chegue o DÍA DO DESFILE!! Que vos parece a idea de Amaranta, familias?? Contádenos en comentarios!! Esperamos que vos guste tanto como a nós!! 

Apertiñas entroideiras!!

domingo, 21 de xaneiro de 2024

O cole mola moito!!

Ola peques e familias!! 

O segundo trimestre avanza e cada día estamos máis content@s no cole!! Só hai que ver con que boa enerxía entramos polas mañás bailando!! 

E sabedes?? NON PARAN DE CAER DENTES!! Por iso a MALETIÑA DO RATIÑO PÉREZ viaxa e viaxa ás casas continuamente...

Un momentiño que nos encanta é a HORA DE LER que facemos así de ben!! 

E ir ao RECUNCHIÑO DA BIBLIO DE AULA é xenial!! 

Fixemos uns LIBRIÑOS coas cartiñas dos CENTROS DE DÍA que nos encanta recordar!!

E, por suposto, XOGAR!! Seguimos gozando moito dos xogos novos de Nadal pero tamén de todos os demais!!

Pero calquera aprendizaxe é divertida xogando!! Mirade... tocan os NÚMEROS ORDINAIS!! 

Aproveitemos para repasar a súa escritura na casa!! INtentádeo tamén nun comentario!! E despois... uns XOGOS!!

XOGO NÚMEROS ORDINAIS 3

XOGO NÚMEROS ORDINAIS 4

Apertiñas divertidas!!

venres, 19 de xaneiro de 2024

Comezan as viaxes do elfiño!!

Ola peques e familias!! 

O elfiño leva toda a semana con preparativos para comezar as súas viaxes ás casas!! Un día apareceu así... 

Ao seguinte con esta bolsiña tan bonita e unha carta para as familias... 

E o xoves por fin se marchou á primeira casiña!! 

Xa avisamos a Valentina que teña coidadiño por se lle toca algunha TRASTADA na súa casiña!! E que recorde realizar algunha ARTISTADA ou ALGÚN ACTO BONITO POR ALGUÉN e sacar 1 ou 2 FOTIÑOS para compartilo con nós!! Desexando que o MARTES nos conte todo!! 

Pero como o elfiño marchaba, LIBRIA apareceu cunha carta!! 

Lede, lede... tocaba INVESTIGAR!! 

Fomos tan rápidos en descubrir á amiguiña de Libria que ao día seguinte xa tiñamos outra carta e... 

...na BIBLIO esperábanos AMARANTA!! Vaia ilusión!! 

Pasou un ratiño xenial na BIBLIO con nós e ata nos axudou a seguir a lectura!! A ver se a atopades!!




Non dubidamos en invitala á nosa aula e comezar a aprender co seu libro!! 

E foi moi boa idea xa que nos deixou uns libriños sobre ANIMAIS ben interesantes!! 

Grazas Amaranta!! 

As aventuras seguirán 

despois da fin de semana!! 

Apertiñas investigadoras!!


Outra visita moi emotiva!!

Ola peques e familias!!  Hoxe tocoulle o turno ao CENTRO DE DÍA DA AROUSA!! Tamén lle fixemos chegar a nosa invitación ao cole despois de me...