martes, 28 de novembro de 2023
domingo, 26 de novembro de 2023
Día mundial da infancia!!
Ola peques e familias!!
A semana pasada conmemoramos o DÍA MUNDIAL DA INFANCIA!! Primeiro falamos moito sobre o tema e rematamos facendo unha MANUALIDADE chulísima que nos axudou a reflexionar!!
Ademais, a mestra propúxonos un RETO!! Intentar escribir as nosas primeiras PALABRAS COMPLETAS EN MINÚSCULAS!! Atrevémonos con case todas e con moi bos resultados!!
E para algúns foi un momentazo escribir o NOME con minúsculas por primeira vez!! Que emocionante!!
Pero durante a semana tivemos unha SUPERSORPRESA!! Uns o luns, outros o martes, o mércores...e así durante a semana!!
A mestra e as nosas familias se puxeran de acordo para que na MERENDA atoparamos unha NOTIÑA CON MOITO AGARIMO!! Aí van as que puiden captar coa cámara!!
Abrumada e agradecida pola vosa GRAN COLABORACIÓN en todo familias!! Superades sempre as miñas expectativas!! Palabras preciosas rodeadas de moita CREATIVIDADE!! Estades formando boa parte do noso PROXECTO de ARTE e CONVIVENCIA!! E xa vistes os SORRISOS que creastes nos peques que son o máis importante para tod@s nós!! GRAZAS!!
Tod@s quixemos LELAS en alto e compartilas cos nosos compis!! E teremos que estar atent@s porque poden chegar máis!!
Pero a finais de semana...aínda quedaba algo!! A mestra tamén quixo sorprendernos!!
Apertiñas agradecidas!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
Obradoiros de xogos tradicionais!!
Ola peques e familias!! Este trimestre estivo cheo de OBRADOIROS DE TRADICIÓN ORAL grazas aos nosos avoíños e avoíñas!! Canto aprendemos e ...

-
Ola peques e familias!! Nas LINGUAS estamos avanzando un montón na aprendizaxe da ORTOGRAFÍA, tan importante para unha CORRECTA ESCRITURA!...
-
Ola peques e familias!! Como sabedes, esta semana comezou cunha visita moi, pero que moi especial!! Despois de todo o curso inmersos na ART...
-
Ola peques e familias!! Vaia dous días de emocións levamos!! Onte antes da festa de pixamas recibiamos unha CARTA moi especial!! Xa facía u...