mércores, 26 de abril de 2023
sábado, 22 de abril de 2023
Descubrimos a PAISAXE LOCAL!!
Ola peques e familias!!
Canto nos gusta aprender no exterior, saíndo das catro paredes da nosa aula a ver mundo, o mundo que nos rodea e que tan pouco coñecemos ás veces!!
Así que collemos a nosa mochila ben equipada e...comezamos RUTA!! Recorremos algúns lugares da Arousa buscando elementos "NATURAIS" e "CONSTRUÍDOS OU ARTIFICIAIS"!!
E sabedes onde rematamos??
No recén inaugurado
"PARQUE DO REGUEIRO"!!
Xa investigaramos que esa praza antigamente era unha PRAIA!! O mar cubríaa enteira!! 
A sorpresa veu cando...@s mestr@s nos deixaron tempo libre para ir ao parque!! Como o disfrutamos!!
Ata os liamos a el@s!!
E para gañar a merendola...
aínda quedaba un pouquiño
de actividade física!!
O profe Toño propúxonos un reto de PARKOUR, a arte do desprazamento!!
venres, 14 de abril de 2023
Comezamos trimestre e novas aprendizaxes con el!!
Ola peques e familias!!
Comezamos novo trimestre
e con el, novos temas!!
Un deles é a PAISAXE!!
O primeiro paso foi investigar na nosa localidade descubrindo que a "PRAZA DO REGUEIRO" onde está o parque novo que tanto nos gusta...era unha PRAIA!!
Aquí podedes saber máis!!
PRAZA DO REGUEIRO
Tamén sabemos que temos unha gran sorte de contar cun PARQUE NATURAL PROTEXIDO!! Sabedes cal é??
CARREIRÓN
Coñecemos ELEMENTOS e
TIPOS DE PAISAXES que imos a
repasar con estes vídeos!!
E agora...a XOGAR!!
TIPOS DE PAISAXES
PAISAXE DE COSTA
PAISAXE DE INTERIOR
PAISAXE DE COSTA E INTERIOR 1
PAISAXE DE COSTA E INTERIOR 2
PAISAXE DE COSTA
PAISAXE DE INTERIOR
PAISAXE DE COSTA E INTERIOR 1
PAISAXE DE COSTA E INTERIOR 2
Tamén demos comezo
ao tema das MÁQUINAS!!
Primeiro un vídeo...
TIPOS DE MÁQUINAS
e despois un OBRADOIRO moi especial
coa axuda do profe Javi!!
Introducímonos no mundo da ROBÓTICA!!
Unhas MÁQUINAS COMPOSTAS
moi divertidas e útiles se se utilizan ben e se lemos con atención!
Pasámolo pipa á vez que a nosa
cabeciña tivo que funcionar a tope
para PROGRAMAR!!
Despois coñecemos a un ROBOT
chamado ALEX!!
Precisamos nalgunhas ocasións
poñernos no seu lugar para
conseguir os RETOS!!
A XOGAR!!
MÁQUINAS SIMPLES 1
MÁQUINAS SIMPLES 2
MÁQUINA COMPUESTA 1
MÁQUINA COMPUESTA 2
E agora a investigar!!
Escribide en comentarios unha
LISTA de MÁQUINAS que haxa
polas vosas casiñas!!
E non olvidedes a INVESTIGACIÓN
da entrada do LAPIS!!
Apertiñas robóticas!!
Día da poesía con...ROSALÍA e concerto!!
Ola peques e familias!!
Na nosa aula moito nos gusta a POESÍA e se é de Rosalía de Castro aínda máis!! Unha gran MULLER!! Por iso xuntamos ambas cousas e realizamos uns traballiños xeniais!!
Despois nunha SAÍDA levamos o CARTEL ao MUSEO DA CONSERVA co título de: "Dalle ao lapis Rosalía" acordándonos do proxecto de Libria!!
E polo camiño repartimos uns TRÍPTICOS moi poéticos e coloridos pola Arousa!! Encher a nosa Illa de VERSOS E COR...ocórresevos algo mellor??

De paso, aproveitamos para colgar uns CARTEIS PARA CONCIENCIAR SOBRE O COIDADO DO MEDIO AMBIENTE que tiñamos preparados!!
Primeiro en borrador...
E despois xa a facer
os DEFINITIVOS con moita atención!!
Así quedaron!! Que vos parece??
E, para dar un remate
POÉTICO E MUSICAL...
que mellor que un CONCERTO??
Así que puxémonos en camiño...
sentámonos nas nosas butacas e...
...a esperar con ILUSIÓN!!
Agora si, a CANTAR,
BAILAR e APRENDER!!
Mesturou ESCRITURA, o tema do proxecto: "Dalle ao lapis Carcamán", POESÍA e MÚSICA!!
Pasámolo pipa ademais de alucinar cando...fixeron unha pequena canción con algún dos momentos que nós escribimos!!
E por riba...puidemos coñecer aos artistas e déronnos un agasalliño!!
Estade atent@s á seguinte entrada que recollerá todos os RETOS e INVESTIGACIÓNS que temos entre mans!!
Apertiñas!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
A biblioteca galáctica contra a IA fantástica!!
Ola peques e familias!! O título desta entrada correspóndese co do libro que nos agasallou LIBRIA e no que se basea a OBRA DE TEATRO á que...
-
Ola peques e familias!! Nas LINGUAS estamos avanzando un montón na aprendizaxe da ORTOGRAFÍA, tan importante para unha CORRECTA ESCRITURA!...
-
Ola peques e familias!! Como sabedes, esta semana comezou cunha visita moi, pero que moi especial!! Despois de todo o curso inmersos na ART...
-
Ola peques e familias!! Vaia dous días de emocións levamos!! Onte antes da festa de pixamas recibiamos unha CARTA moi especial!! Xa facía u...