Ola peques e familias!!
venres, 29 de outubro de 2021
mércores, 27 de outubro de 2021
Parece que se achega o Samaín!!
Ola peques e familias!!
Esta semana parece
que algo vai ocorrer!!
Na entrada da aula
mirade que atopamos...
Tamén carteis por todas partes!!
Escuros, moi escuros!!
E cheos de cabazas, morcegos...
Algúns anunciaban unha exposición
de cabazas...claro!
A NOSA EXPOSICIÓN QUE
PRONTO VOS ENSINAREMOS!!
Tamén LIBRIA nos sorprendía...
Entramos na aula expectantes
e outra sorpresa!!
Un recuncho da nosa BIBLIOTECA...
cheo de lecturas de SAMAÍN!!
Non puidemos esperar
para descubrilas!!
E despois de pasar semanas coñecendo
ben o noso corpo toca saber como coidalo!!
Por iso nos puxemos mans á obra!!
Cales son os hábitos máis saudables?
Usamos a libreta e...clasificamos
coa axuda de emoticonos!!
Recordámolos xunt@s?
Podedes poñelos nun comentario
e engadir algún máis!!
Algo importante neste sentido
é a ALIMENTACIÓN!!
Por iso coa axuda da "LEITEIRA L"
e varios contos...seguimos traballándoa!!
Ah!! E coas MERENDAS TERRORÍFICAS
DO VENRES!!
Apetécenvos unhas cancións
sobre alimentos??
A CANTAR E BAILAR!!
A próxima vez serán...
MÁIS TENEBROOOOOSAS!!
E SAMAÍN...COA LETRA S...
comezaremos mañá a traballar!!
Tamén co tema da FAMILIA
que introducimos cun conto...
...MOI MEDORENTO!!
Ou iso parecía!!
Unha familia diferente!! Coma todas!!
Pero especial!! Coma todas tamén!!
HOXE É DÍA 27...
martes, 26 de outubro de 2021
Que interesante é o NOSO CORPO!!
Ola peques e familias!!
Que interesante é o noso corpo!!
Canto nos quedaba aínda por descubrir!!
E quedará sempre!!
Estes últimos días andivemos cortando e pegando
para repasar as partes máis importantes!!
Tamén ser conscientes da correcta
colocación das mesmas e as boas posturas!!
E, de paso, seguir practicando a traballar
na libreta coma os maiores!!
Os resultados estiveron xenial!!
Rematamos estreándonos
cuns pasatempos moooi difíciles!!
SOPAS DE LETRAS XIGANTES!!
Pero con axuda fomos resolvéndoas!!
E aprendendo máis partes do corpo en galego!!
Que nomes teñen algunhas!!
Pero isto non rematou aquí...
Tocaba completar, escribir e ata contar!!
Esperade, esperade!!
Que agora ven o máis divertido!!
A CREARRRRRR!!
Enlazando xa co tema seguinte:
A ALIMENTACIÓN SAUDABLE,
deixamos voar a imaxinación e a creatividade!!
Porque todos creamos diferente...
pero todos XENIAL!!
E para despedirnos...
unha actividade con humor!!
Que boa ferramenta son as CARICATURAS
para saber rirnos de nós mesmos
e de todo cando toca!!
E para despedirnos...
dúas cancións!!
Ata pronto amiguiñas e amiguiños!!
venres, 22 de outubro de 2021
Hoxe vai de letras!!
Ola peques e familias!!
Hoxe comezamos o día experimentando
co número da data sen sabelo!!
A profe deunos un montonciño de
pauciños de cores, descompuxémolos
en DECENAS E UNIDADES e xuntamos
2 DECENAS E 2 UNIDADES!!
Fixemos contas e...sabedes??
Xusto o número 22, o día de hoxe!!
E de números pasamos a...
que importantes e divertidas
son as LETRAS!!
Por iso todos os días nos acompañan!!
Comezamos repasando as VOGAIS...
...rematando na UUUUUU
co fantasma MANOLÍN
preparándonos xa para o SAMAÍN!!
Hay una
casa embrujada |
Uh, uh, uh... |
Tamén con PLASTI creamos fai unhas semanas...
as letras dos nosos nomes!!
E de PREMIO polo traballo ben feito...
CREACIÓN LIBRE!!
A desarrollar a creatividade,
a imaxinación, a motricidade...
e con boa música mellor!!
Para darlle remate ao traballo,
encantounos aprender no noso
LIBRIÑO DAS VOGAIS!!
Elaboramos a portada e a contraportada...
E despois...repaso e pasatempos!!
Agora xa comezamos coas consoantes!!
Xogar coas letras mola!!
Ata para facerlle un agasallo á profe!!
ENCANTOULLE!!
E agora...un RETO para a casa!!
Creade o voso nome con obxectos,
fixándovos na inicial, sacádelle unha foto
e enviádea ao email da profe!!
aprendendoentresorrisos@gmail.com
DESPOIS VERÉMOLAS NA AULA!!
ADIAAAAAANTE!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
Obradoiros de xogos tradicionais!!
Ola peques e familias!! Este trimestre estivo cheo de OBRADOIROS DE TRADICIÓN ORAL grazas aos nosos avoíños e avoíñas!! Canto aprendemos e ...

-
Ola peques e familias!! Nas LINGUAS estamos avanzando un montón na aprendizaxe da ORTOGRAFÍA, tan importante para unha CORRECTA ESCRITURA!...
-
Ola peques e familias!! Como sabedes, esta semana comezou cunha visita moi, pero que moi especial!! Despois de todo o curso inmersos na ART...
-
Ola peques e familias!! Vaia dous días de emocións levamos!! Onte antes da festa de pixamas recibiamos unha CARTA moi especial!! Xa facía u...