xoves, 30 de setembro de 2021
luns, 27 de setembro de 2021
"Un día sen ler é un día perdido"
Ola peques e familias!!
Hoxe toca unha presentación moi importante!!
Aquí tedes á mascota da biblio!
Chámase LIBRIA!!
Os peques xa a coñecen!
Bueno en persoa aínda non,
xa que está realizando un cambio
na biblio...IIIIMPRESIONANTE!!
Por iso está tan ocupada!!
Pero si estivemos co seu graaaaaan peluche!!
A profe conseguiu que nos acompañase
nun recreo...e na aula!!
Encántalle vernos ler!!
E mentras non nos visita vainos
traendo cousiñas para a aula!!
Primeiro, este expositor taaaan chulo
cheo de libros!!
Temos moi claro que os libros teñen
que cumprir unha corentena e nós...
unha distancia de seguridade na fila!!
Estamos tan emocionados con ela
que aparece en todas partes!!
Nos marcapáxinas, en debuxos para agasallarlle,
nos xeoplanos... É XENIAL!!
...para que non se lle esqueza visitarnos!!
E para cumplir o seu lema:
"UN DÍA SEN LER, É UN DÍA PERDIDO".
Apertiñas lectoras!!
martes, 21 de setembro de 2021
Xogando tamén se aprende!!
Ola peques e familias!!
Damos comezo a este curso
XOGANDO moito, moitísimo
á vez que aprendemos!!
Cantas cousas traballamos sen darnos conta!!
Motricidade fina e grosa, lectoescritura,
numeración, conteo, creatividade,
traballo en equipo, razoamento lóxico...
Os puzzles sempre son un clásico que triunfa!!
Temos de todos os tipos!!
Ata de letras!!
E tamén letras magnéticas!!
Sabedes que se pode facer
"debuxos con letras"?
Outro clásico que nos encanta
son as construccións!!
Pero co que disfrutamos tamén moito
é descubrindo xogos novos!!
Os XEOPLANOS son o furor!!
E podemos facer agasallos con eles!!
Para Libria e para a profe por exemplo!!
Que ilusión lles fixo!!
E aínda quedan moooitos máis por descubrir!!
domingo, 19 de setembro de 2021
Comezamos o curso cun sorriso!!
Ola peques e familias de primeiro!!
Que alegría e emoción comezar
co BLOG un novo curso!!
E preparar a aula para vós!!
BENVIDAS E BENVIDOS A
ESTA NOVA AVENTURA!!
Traballaremos moito, moitísimo!!
Seremos cada vez máis
autónomos e responsables!!
Sacando o positivo da situación,
como afondar na importancia da hixiene
aprendendo todos os pasos do lavado de mans!!
Celebrarémolo todo!!
En especial, os nosos aniversarios!!
E como o nome do blog indica...
APRENDEREMOS ENTRE SORRISOS!!
E sen perder nin un minuto...
xa nos puxemos mans á obra con todo!!
Este curso non será igual a outros,
pero conseguiremos entre tod@s
que sexa ESPECIAL formando
o mellor EQUIPO do mundo mundial!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
Obradoiros de xogos tradicionais!!
Ola peques e familias!! Este trimestre estivo cheo de OBRADOIROS DE TRADICIÓN ORAL grazas aos nosos avoíños e avoíñas!! Canto aprendemos e ...

-
Ola peques e familias!! Nas LINGUAS estamos avanzando un montón na aprendizaxe da ORTOGRAFÍA, tan importante para unha CORRECTA ESCRITURA!...
-
Ola peques e familias!! Como sabedes, esta semana comezou cunha visita moi, pero que moi especial!! Despois de todo o curso inmersos na ART...
-
Ola peques e familias!! Vaia dous días de emocións levamos!! Onte antes da festa de pixamas recibiamos unha CARTA moi especial!! Xa facía u...