domingo, 27 de xuño de 2021
xoves, 24 de xuño de 2021
Recomendacións lectoras para o verán!!
Ola peques e familias!!
Este curso LIBRIA agasallounos
a final de curso cunha estupenda pegatina!!
Xa lle atopastes lugar??
Ademais está realizando un cambio
na biblio...IIIIMPRESIONANTE!!
Por iso estivo tan ocupada!!
Está desexando compartilo con vós!!
Mentras tanto, publicou no seu BLOG
unhas estupendas
RECOMENDACIÓNS LECTORAS
para o verán!!
Facédelle unha visitiña:
E recordade que:
"UN DÍA SEN LER,
ASÍ COMO SEN SORRIR,
É UN DÍA PERDIDO".
Podedes contarlle nos comentarios...
que libro estades lendo agora??
Apertiñas lectoras!!
venres, 18 de xuño de 2021
Lectura dentro e fóra da aula!!
Ola peques e familias!!
O título da entrada reflexa
o que tiñamos planeado esta semana...
trasladar a LECTURA A FÓRA DA AULA!!
Xa que non puido ser...
pois contámosvos o de dentro!!
Este último trimestre traballamos
e lemos moito sobre o CÓMIC!
Levaron un para a casa! Gustouvos?
A el@s encantoulles este formato!!
Ademais de ler CÓMICS,
adentrámonos no mundo do TEATRO
e dos libros INFORMATIVOS E DE CONSULTA,
como os de minerais que nos alucinaron!!
E que vos imos dicir dos
XOGOS DE PREGUNTAS E RESPOSTAS??
Ademais de ler...
tocou pensar e compartir a lectura!!
Iso si que molou!!

E, por suposto, CONTACONTOS da mestra,
LECTURA DE NARRATIVA, POESÍA...
e moito máis!!
Xa vedes todas as maneiras de lectura na nosa aula durante este curso... INDIVIDUAL E COLECTIVAMENTE, TODO TIPO DE TEXTOS, mediante EXPOSICIÓNS de traballos, traballando a MOTRICIDADE, o PENSAMENTO LÓXICO, a ATENCIÓN, a SOCIALIZACIÓN, as QUENDAS, a CONCENTRACIÓN e COMPRENSIÓN, a EXPRESIÓN ORAL e ESCRITA, o valor do SILENCIO, a CREATIVIDADE, o DEBUXO e, por suposto, a ESCRITA!!
A LECTURA É UNHA
FONTE DE RIQUEZA TREMENDA!!
Só é motivar aos peques e el@s adórana!!
LIBRIA está moi orgullosa de nós!!
E a mestra tamén!!
E vos pregunta...
cal foi a vosa maneira de ler,
tipo de libro, título, etc. favorito??
Animádevos a comentar!!
E RECORDADE QUE "UN DÍA SEN LER,
É UN DÍA PERDIDO".
Apertiñas lectoras!!
domingo, 13 de xuño de 2021
Seguimos recorrendo a Arousa!!
Ola peques e familias!!
Levamos un bo tempiño traballando sobre
as máquinas e o paso do tempo!!
Máquinas simples como a panca,
o plano inclinado, a polea...
Tamén compostas!!
E ata máquinas do futuro!!
A ver se os compis se animan a explicar
o seu uso nos comentarios!!
Tamén lecturas sobre elas!!
Pois aproveitamos a saída do xoves
para falar tamén diso!!
No seguinte enlace podedes ver todiño!!
Ata un SORPRESÓN
que nos gardaban os mestres!!
E pregunto...
que foi o que máis vos gustou desta vez??
Ata prontiño!!
venres, 11 de xuño de 2021
Aniversarios do terceiro trimestre!!
Ola peques e familias!!
Estamos festexando os últimos
ANIVERSARIOS DO CURSO!!
Hoxe tocan os do TERCEIRO TRIMESTRE!!
Comenzabamos con NAYARA!!
Estupenda nos explicaba
a súa caixiña da vida!!
GRAZAS E PARABÉNS!!
Seguimos con ELIA!!
Con moita ilusión compartiu
con nós a súa CAIXIÑA!!
GRAZAS E PARABÉNSSSS!!
O terceiro foi BREO!!
Sorprendeunos co seu baúl que
mesturou emotividade cunha parte rockeira!!
GRAZAS E PARABÉNS!!
E para rematar tocoulle a Alejandro!!
domingo, 6 de xuño de 2021
Saída de Educación Física!!
Ola peques e familias!!
Seguimos saíndo do cole para
aprender e disfrutar xunt@s!!
E neste caso para facer MOOOITO DEPORTE!!
E tamén vivir momentiños
moi divertidos na merenda!!
Aquí vos queda o enlace ao
BLOG DO PROFE TOÑO
no que atoparedes dous vídeos MOIII CHULOS!!
GRAZAS A TI PROFE!!
E de seguro que repetiremos!!
E agora pregunto...
que foi o que máis vos gustou da saída??
Ata mañán!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
Obradoiros de xogos tradicionais!!
Ola peques e familias!! Este trimestre estivo cheo de OBRADOIROS DE TRADICIÓN ORAL grazas aos nosos avoíños e avoíñas!! Canto aprendemos e ...

-
Ola peques e familias!! Nas LINGUAS estamos avanzando un montón na aprendizaxe da ORTOGRAFÍA, tan importante para unha CORRECTA ESCRITURA!...
-
Ola peques e familias!! Como sabedes, esta semana comezou cunha visita moi, pero que moi especial!! Despois de todo o curso inmersos na ART...
-
Ola peques e familias!! Vaia dous días de emocións levamos!! Onte antes da festa de pixamas recibiamos unha CARTA moi especial!! Xa facía u...