xoves, 29 de abril de 2021
domingo, 25 de abril de 2021
O día do libro é todos os días!!
Bos días peques e familias!!
Como di LIBRIA: "Un día sen ler,
é un día perdido".
Por iso, grazas unha
vez máis á vosa colaboración,
o día de hoxe será moi productivo!!
Prestade atención ao vídeo dos SEGUNDOS!!
Impresionante resultado!!
Nós na clase xogamos a continuar
as historias. Anímovos a facelo en familia!!
É moi divertido e trabállanse moitas cousiñas!!
E lendo, lendo...
A FUNCIÓN DEBE CONTINUAR!!
A ver se adiviñades sobre que
traballaremos esta semana??
Sobre TEATROOO!!
A lectura seguirá presente pero desta vez...
DRAMATIZADA!!
Un xogo para ir practicando!!
Podedes realizalo en familia!!
Collede o libro que prefirades e...
activade a ruleta tantas veces como queirades!!
Gustouvos o xogo??
Xa estades preparad@s??
Pois 3...2...1...ACCIÓN!!
Apertiñas!!
xoves, 22 de abril de 2021
Repasamos as unidades de medida!!
mércores, 21 de abril de 2021
Saímos en axuda do medio ambiente!!
Boas tardes peques e familias!!
Que mañá tan interesante
e productiva pasamos!!
Sen perder nin un minuto puxémonos
camiño da praia de Aguillón!!
E despois dunhas explicacións e todas
as medidas...MANS Á OBRA!!
Canto lixo atopamos!!
Verdade reporteira oficial??
Estamos un pouco disgustad@s por iso
pero satisfeit@s do noso traballo!!
E para rematar, tocou facer reconto!!
E para repasar as unidades de medida...
A PESAR cunha báscula especial!!
E tamén seguimos coñecendo
a fauna da Arousa!! Unha larva
de xoaniña, algúns insectos máis e...
por suposto, AVES!!
Xa somos uns expert@s!!
Está resultando moi interesante coñecer mellor
as AVES AUTÓCTONAS DA AROUSA!!
Os carteis INFORMATIVOS
xa están rematados!!
Mirade, mirade!!
Elaborámolos sen olvidarnos de
ningunha parte importante e aproveitando
para traballar a descrición!!
E xa somos os mellores tamén
en boa presentación!!
Que vos parece o resultado familias?
Animádevos a comentar debaixo!!
Nós temos que marchar...
APERTIÑAS!!
luns, 19 de abril de 2021
Semana do libro!!
Boas tardiñas!!
Que ben o pasamos
sempre no PATIO!!
É dos nosos momentos favoritos!!
O outro día estreamos mobiliario!!
Mirade que banquiños máis chulos!!
Pero para chul@s nós!!
Somos uns auténticos modelos!!
E nunca perdemos o SORRISO!!
Xa lle temos botado o ollo...
para ir ler alí un día!!
E falando de ler...
ESTAMOS NA SEMANA DO LIBRO!!
E acompañando á marabillosa actividade
dos compis de cuarto, Libria quere compartir
con vós un montón de recursos e xogos!!
PINCHADE NO ENLACE PARA
VISITAR O SEU BLOG!!
E recordade:
"Un día sen ler, é un día perdido".
Que libro estades lendo agora peques?
E vós familias?
Compartídeo en comentarios!!
Apertiñas lectoras!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
Obradoiros de xogos tradicionais!!
Ola peques e familias!! Este trimestre estivo cheo de OBRADOIROS DE TRADICIÓN ORAL grazas aos nosos avoíños e avoíñas!! Canto aprendemos e ...

-
Ola peques e familias!! Nas LINGUAS estamos avanzando un montón na aprendizaxe da ORTOGRAFÍA, tan importante para unha CORRECTA ESCRITURA!...
-
Ola peques e familias!! Como sabedes, esta semana comezou cunha visita moi, pero que moi especial!! Despois de todo o curso inmersos na ART...
-
Ola peques e familias!! Vaia dous días de emocións levamos!! Onte antes da festa de pixamas recibiamos unha CARTA moi especial!! Xa facía u...