domingo, 21 de marzo de 2021
mércores, 17 de marzo de 2021
Tarefa semanal: Homo responsabilis polo PLANETA AROUSA!!
Ola, ola nenas, nenos e familias!!
Que atarefad@s estamos estes días
co traballo dos ECOSISTEMAS e o seu coidado!!
Primeiro investigamos ben
e temos tres tipos!!
ACUÁTICOS:
E despois de darnos conta de que
hai moitas novas positivas na prensa...
...tamén fomos conscientes
de que queda moito por facer!!
Algo que aconteceu hoxe ao chegar
fixo que reflexionaramos aínda máis!!
Co bonita que nos quedara a nosa
cidade de casas PARES E IMPARES...
o lixo do chan estropaábao todo!!
E cando o lixo tamén apareceu nas
nosas rúas...iso si que non nos gustou!!
O cal nos fixo pensar... NÓS TAMÉN
DEBEMOS ESFORZARNOS MÁIS!!
Así que xa comezamos a camiñar
cara o total "HOMOS RESPONSABILIS"
comezando pola nosa aula!!
Reutilizando!!
Separando correctamente o lixo e
apagando as luces cando non fan falla!!
Limpando o lixo!!
Así si nos gustan as nosas rúas!!
E aquí veñen as TAREFAS SEMANAIS!!
PRIMEIRA TAREFA:
NA NOSA CASA SOMOS
HOMOS RESPONSABILIS!!
Esta tarefa xa vos chegou a través de Abalar, xa que se realizará a nivel centro. Ademais de mandar as fotos ao email que alí indican, enviádeas tamén ao noso para poder velas na aula.
Recordade que a data límite é o LUNS 22 DE MARZO.
SEGUNDA TAREFA:
OS HOMOS RESPONSABILIS
INVADEN A AROUSA!!
Esta tarefa é a continuación da anterior, pero a maior nivel!!
Trátase de que pensedes BOAS ACCIÓNS PARA O COIDADO DO MEDIO AMBIENTE, as levedes a cabo e saquedes foto ou vídeo!! Despois enviádeas ao noso email todas xuntas.
Cantas? Non hai límite!! Cantas máis mellor!!
Data de entrega: Martes 6 de ABRIL (á volta de vacacións),
así podedes realizar moooitas!!
Se vos animades, pegade as fotos nun papel e facede comentarios sobre elas, convertídeas en novas de prensa, facede un diario con elas... o que se vos ocorra!! Despois traede as vosas artistadas á volta das vacacións!!
TODOS XUNT@S CONSEGUIREMOS
REDUCIR AS NOVAS NEGATIVAS...
sábado, 13 de marzo de 2021
Coidando os nosos ECOSISTEMAS!!
Bos días peques!!
Grazas á GOTIÑA DA AROUSA
estamos xa moi concienciados
co COIDADO DO MEDIO AMBIENTE!!
Nunha carta falounos da DEFORESTACIÓN!!
Despois de ler os contos que
nos mandou...decidimos axudar
coas nosas propias PLANTIÑAS!!
Aproveitando que estabamos na
"SEMANA DA PRENSA" investigamos
nos paquetes de revistas
que nos enviou LIBRIA...
...e tamén nos xornais que problemas
relacionados co medio ambiente nos rodeaban!!
Había moitísimos!!
Así que decidimos recopilalos nun mural
para que todo o mundo se enterase!!
Pero recopilando, recopilando...
levamos unha boa sorpresa!!
Tamén se fan moitas cousas positivas!!
Así que estas para o MURAL VERDE
e as outras para o vermello!!
Pronto teremos o resultado final!!
Polo de pronto...a seguir aprendendo
sobre os ECOSISTEMAS!!
ECOSISTEMAS.E agora recordade...
QUE TIPO DE ECOSISTEMA
TEMOS NA ILLA DE AROUSA??
xoves, 11 de marzo de 2021
Tarefa semanal: Mascota mariña para o camiño escolar!!
Bos días peques!!
Esta semana a tarefa é moi especial!!
Levamos moito tempo falando da auga
e tamén do coidado do medio ambiente!!
E dos animais!!
E que mellor que unilo todo??
Pois toca xogar coa IMAXINACIÓN!!
Esta semana imos a presentarnos
a un CONCURSO con todos
os nenos e nenas da Arousa
que pretende fomentar
os desprazamentos a pé ao cole!!
1ª PARTE DA TAREFA SEMANAL:
DESEÑA A MASCOTA DO
CAMIÑO ESCOLAR SEGURO
"A AROUSA ESCOLA"!!
Temática: Animal mariño fantástico.
Debes debuxar o animal,
a súa pegada, poñerlle un nome
na plantilla que che demos na aula
e cubrir os teus datos por detrás.
Algúns datos máis:
Recorda que debe ter
polo menos tres partes:
- TITULAR.
- TEXTO (Lugar, data, que ocurriu...)
- FOTO OU DEBUXO.
DATA DE ENTREGA na aula virtual
e na clase: MÉRCORES 17 DE MARZO.
Adiaaaaaaaaante XORNALISTAS!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
Obradoiros de xogos tradicionais!!
Ola peques e familias!! Este trimestre estivo cheo de OBRADOIROS DE TRADICIÓN ORAL grazas aos nosos avoíños e avoíñas!! Canto aprendemos e ...

-
Ola peques e familias!! Nas LINGUAS estamos avanzando un montón na aprendizaxe da ORTOGRAFÍA, tan importante para unha CORRECTA ESCRITURA!...
-
Ola peques e familias!! Como sabedes, esta semana comezou cunha visita moi, pero que moi especial!! Despois de todo o curso inmersos na ART...
-
Ola peques e familias!! Vaia dous días de emocións levamos!! Onte antes da festa de pixamas recibiamos unha CARTA moi especial!! Xa facía u...