04 marzo 2026

Oitava protagonista da semana!!

Ola peques e familias!! 

Seguimos con esta actividade na que cada peque da aula terá a súa semana especial!! Todos/as merecemos espazos e momentos nos que sentirnos IMPORTANTES!! A oitava protagonista da semana foi Leire!! Sempre comezamos compartindo cos compis a CAIXIÑA DA VIDA, na que incluímos cousiñas especiais para nós por diferentes motivos!! 

Neste caso, moitos recordos bonitos de cando era bebé e da súa etapa en educación infantil. Tamén fotos importantes e os seus obxectos favoritos!!

Trouxo un contiño tamén que lemos na aula e nos axudou a reflexionar sobre que todas as persoas somos diferentes e que o esforzo é moi importante para superarse!! 

Deixounos o libro na biblioteca de aula uns días e foi un auténtico éxito!!


Leire tamén nos presentou a parte da súa familia con dúas fotiños moi bonitas!! 

O que non esperaba era que a súa irmá a visitaría na aula e merendaría con nós!! VAIA SORPRESÓN LEVOU!!

Ademais, visitounos outro día para lernos un contiño e nos invitou a ler con ela!! Encantounos a visita!!

Grazas Leire por compartir todo con nós!! Esperamos que fose unha gran semana para ti QUERIDA PROTAGONISTA!! 

Apertiñas emocionadas!!

02 marzo 2026

Obradoiro dunha nai banqueira!!

Ola peques e familias!! 

Como estamos cos EUROS que mellor que invitar a unha experta!! A semana pasada visitounos a nai de Lucas que é BANQUEIRA!!

 Vaia sorpresón levou Lucas 

xa que non sabía nada!!

Explicounos en que consistía o seu traballo e resolveu moitas dúbidas!! 

Ademais trouxo instrumentos cos que ela traballa ou que están relacionados. Encantounos saber como funcionaba unha TPV, a tarxeta de crédito ou o aparatiño do telepeaxe!!

 Continuamos cuns RETOS para os que nos prestou a súa axuda!! 


Antes de marchar quixo agasallarnos cunhas moedas de chocolate e nós entregámoslle o merecidísimo DIPLOMA despois de axudarnos a clasificar a súa profesión que ofrece SERVIZOS.

 Moitísimas grazas polo obradoiro!! 

Aprendemos un montón!! 

Apertiñas aforradoras!!

Oitava protagonista da semana!!

Ola peques e familias!!  Seguimos con esta actividade  na que cada peque da aula terá a súa semana especial!! Todos/as merecemos espazos e m...