22 decembro 2025

Festa de Nadal!!

Ola peques e familias!! 
Co fin de trimestre chegou a tan esperada celebración do Nadal no cole!! Comezamos cunha merendola de chocolate con rosca xuntos/as no patio que continuou co FIN DE ANO ESCOLAR!! 
Vivimos as badaladas xunto a todo o cole vestidos/as de gala e comendo gusanitos!!
 A continuación, tivemos un looongo recreo que rematou nunha gran festa na aula!! 
E o día chegou ao seu fin cunha grande ACTUACIÓN DE TODO O ALUMNADO E PROFESORADO DO CENTRO onde percorremos o MUNDO a través de cancións típicas destas datas!! Nós viaxamos a África!! Foi un momento precioso!! E aproveitamos para dar as GRAZAS á profe María por estas semaniñas con nós!! 
E coa visita da profe Ali despedimos este trimestre desexando pasar os que nos quedan xuntiños/as e con moita saúde!! 
BO NADAL!! 
Apertiñas emocionadas!!

16 decembro 2025

Aniversarios do primeiro trimestre!!

 Ola peques e familias!!!

Este trimestre celebramos na aula varios ANIVERSARIOS!! En todos eles o/a protagonista pon un gorriño chulísimo dunha torta con velas, cantámoslle e agasallámolo cunha postaliña!!

 Tamén compartimos unha merendola e sopramos a veliña xuntos/as!! É un momento moi especial!! 

O primeiro en cumprir este curso foi Asier!! 

O seguinte foi Iván!!

Despois tocoulle a Lucas!!

Pero o ritmo non parou!! 

O seguinte foi Martiño!! 

Enzo tamén cumpriu nestes primeiros meses de curso!! 

Leire festexou tamén con nós o seu día!! 

E rematamos este trimestre con Karmen que tamén sumou un aniño máis!!

Como nos gusta festexar estes días importantes xuntos/as!!

Con esta canción desexámosvos o mellor aniversario!! 

Apertiñas festeiras!!

12 decembro 2025

Recomendacións lectoras para Nadal!!

 Ola peques e familias!! 

Un curso máis chega o Nadal á biblioteca e Libria retoma a TRADICIÓN de compartir con vós unhas RECOMENDACIÓNS LECTORAS!! 
Podedes atopar todo no seguinte enlace:
Sería marabilloso que en todas as CARTAS dos/as nosos/as peques houbera CONTIÑOS!! Xa que recordade que... 
"UN DÍA SEN LER, 
É UN DÍA PERDIDO". 

Apertiñas lectoras!!

01 decembro 2025

Un obradoiro moi saudable!!

 Ola peques e familias!! 

Como sabedes, levamos semaniñas aprendendo moito sobre alimentación saudable!! E que mellor que un OBRADOIRO cheo de FROITA??


Seguimos tamén co tema das profesións polo que misturando todo... recibimos a visita da nai de Vega que é FROITEIRA!! 

Veu cargadiña literalmente!! 

Ata froita tropicais trouxo!!



Puidemos coñecer máis de cada froita, as súas características, propiedades, ulilas e, incluso, a procedencia!! Que ben nos veu para o proxecto deste curso no que viaxamos arredor do mundo!! Aprendemos tamén a importancia das froitas de temporada!!

Isto foi a través dun xogo de preguntas... con premios que eran pegatinas de froitas!!

Para rematar, invitounos a unha rica e saudable MERENDOLA onde probamos de todo!! 


Ata nutella saudable, guacamole... non faltou detalle!! Descubrimos sabores que nos encantaron!!

E falando de detalles, trouxeron uns bolis e uns chaveiros moi "saudables" para nós!!


 Antes de marchar, agasallamos a Fina cun merecido DIPLOMA e clasificamos a súa profesión nas que prestan SERVIZOS!! 


Moitas grazas pola túa visita!! Aprendemos un montón, merendamos rico e saudable e pasámolo xenial!! 

Apertiñas agradecidas!!

Unha árbore de inverno!!

Ola peques e familias!!  Como cada cambio de estación toca realizar unha actividade para introducila e comezar a coñecer cousiñas sobre ela!...