29 setembro 2025
27 setembro 2025
Xornada de benvida na biblioteca!!
Ola peques e familias!!
Esta semana tivemos un dos momentos máis emocionantes de todo o curso!! Libria recibiunos na biblioteca e explicounos todas as actividades que podemos realizar alí!!
Quedamos alucinados/as de todo o que está a argallar!! Aquí vos deixamos o enlace no que podedes vela visita con detalle!!
BLOG DA BIBLIOTECA
E Libria xa tivo o primeiro agasalliño!!
A partir de agora todas as semanas iremos unha horiña, como mínimo, á biblioteca a realizar diferentes actividades coa profe, ademais de poder levar libros en préstamo para a casa!! Tamén nos recreos poderemos ir cando nos apeteza e teremos ese mesmo servizo de préstamo. Os libros poden estar unha semaniña na casa ou renovarse de ser preciso. Debemos coidalos moi ben e devolvelos en perfecto estado!! Pronto Libria chegará con máis sorpresiñas!! Mentras tanto, nós gozamos moito da lectura libre na nosa BIBLIO DE AULA!!
24 setembro 2025
O Ratiño Pérez!!
Ola peques e familias!!
O venres pasado na HORA DE LECTURA tocou un conto moi especial!! Este curso toca prepararse para as primeiras caídas dos dentiños de leite polo que debemos coñecer todos os segredos do marabilloso RATIÑO PÉREZ!!
Ademais, a profe contounos un segredo da nosa aula!! O Ratiño Pérez deixou nun caixonciño unha cartiña e unha MALETIÑA para levar para as casas os dentes que caian na aula!!
Unha vez feito o traslado, a maletiña debe volver ao cole para trasladar o seguinte dente!! Encantounos este agasalliño!! Así que quedamos á espera do primer dentiño que caia no cole!!
Apertiñas emocionadas!!
22 setembro 2025
Unha cartiña moi especial!!
Ola peques e familias!! O venres recibimos unha CARTA MOI ESPECIAL!! Aquí vos mostramos quen nos visitou!! E neste enlace tedes tooooda a información!! Aquí vos deixamos a nosa cartiña que traia unha INVITACIÓN MOI IMPORTANTE!! Por fin o MARTES poderemos coñecer a biblioteca e a Libria que nos estará esperando alí!! Vaia emoción!! E recordade que, como di Libria, "UN DÍA SEN LER, É UN DÍA PERDIDO". Apertiñas emocionadas!!
19 setembro 2025
Primeira FESTA DAS DECENAS!!
Ola peques e familias!!
Chegou o venres e con el a promesa de contarvos a SORPRESA!! Hoxe tivemos a primeira FESTA DAS DECENAS!! 
Iso significa que levamos 10 días de cole... 1 DECENA!!
Dende o primeiro día as/os ENCARGADAS/OS están facendo un reconto dos días que temos cole mediante un sistema no que metemos un palillo cada día nunha bolsiña, tachamos unha bandeiriña e escribimos o NÚMERO de días que levamos de cole (engadindo un máis cada día).
Cando xuntamos 10 palilliños unímolos coa axuda dunha goma VERMELLA xa que se forma unha DECENA e debe pasar á bolsiña correspondente!!
Ao ladiño, facemos constar que xa temos unha DECENA (e no das UNIDADES quedarían CERO).
Cando isto sucede, cada 10 días de cole, festexámolo cunha FESTA DAS DECENAS!! A profe ponnos pratiños con "gusanitos" e debemos contar 10 cada un/unha!! Se a conta está correcta os podemos comer!! A que mola?? Non hai mellor forma de entender certos contidos que vivenciándoos en forma de xogo...ou festa!!
E se é con música divertida e uns bailes mellor!!
Para introducir as UNIDADES e DECENAS estamos facendo un montón de actividades diferentes. Unha delas foi este contiño tan divertido que aquí vos deixo:
Agora probade a quitarlle o volume ao seguinte conto e intentade lelo en familia!! Despois escoitádeo con volume!!
CONTO 10 FANTASMITAS
Hoxe tivemos dúas sorpresiñas máis que vos contaremos en próximas entradas!! Agora toca despedirse ata prontiño!!
Apertiñas matemáticas!!
18 setembro 2025
Rutinas diarias e encargados/as!!
Ola peques e familias!!
Estas primeiras semanas estamos introducindo moitas RUTINAS que nos facilitarán o curso!! Unha das máis importantes é o uso da AXENDA. Primeiro buscamos o mes e rodeamos o DÍA no que nos atopamos, despois a mestra comproba se temos algunha nota e ponnos un TIC VERDE que indica que está revisada!!

Recordade na casa revisar se hai algunha nota na "carpetiña de ida e volta" e/ou nota na axenda. Unha vez feito, o/a peque debe poñer un TIC noutra cor ou un símbolo/debuxo de que está revisada!!

O venres fixemos unha proba: intentamos escribir a nosa primeira nota e, sabedes que? Todas e todos o conseguimos coa axuda da mestra que está moi, moi orgullosa!!
Esta semana tamén comezamos cos ENCARGAD@S que teñen moitas funcións!! Algunhas podedes velas aquí:
Hai unha tarefa moi importante que nos introduce no apaixoante mundo das UNIDADES E DECENAS e que vos contaremos este venres cunha SORPRESA!! Estade atentas/os!!
Apertiñas responsables!!
16 setembro 2025
Coñecemos a Libria!!
Ola peques e familias!!
A primeira semana de curso coñecemos a dúas personaxes que serán moi importantes este curso e faltábanos unha por presentarvos!! Aínda que xa vos demos unha pista... a ver se alguén adiviñou!! Aquí tedes a... LIBRIA!!
Ela é a MASCOTA DA BIBLIOTECA!! Polo de agora a maioría de nós, só a coñecemos nun debuxo nos MARCAPÁXINAS que elaboramos para a nosa axenda pero seguro que prontiño nos visita!!
Encántalle estar con nós e enchernos de SORPRESAS LECTORAS!! Estamos desexando ter a primeira!! Ela tamén ten un BLOG que pronto poñerá en marcha!!
BLOG DA BIBLIOTECA
Polo de agora podedes ver entradiñas de cursos pasados!! Tamén lle encanta ler os vosos COMENTARIOS!! Animádevos a escribirlle!! Apertiñas lectoras!!
14 setembro 2025
Un novo amiguiño na aula!!
Ola peques e familias!!
Esta semana a mestra presentounos a dous amiguiños que nos acompañarán na aula este curso!! O primeiro deles coñecémolo a través dun conto!!
Resulta que o mono Bono quixo ir á escola pero... non coñecía as normas, polo que tiveron que contarllas pero como é moi listiño pronto as soubo aplicar!! Ademais, a mestra deulle unha preciosa estrela!!
Aquí vos deixamos o videoconto no seguinte enlace:
VIDEOCONTO MONO BONO
Aquí podedes intentar lelo en familia!!
CONTO MONO BONO
Gustounos tanto o conto e esta personaxe que coloreamos moi concentrados un debuxiño del!! Foi un momento estupendo para ir familiarizándonos co material, coas normas de traballo concentrados/as e probar a poñer de fondo música relaxante. E sabedes que? En momentos como o deste vídeo comezou a funcionar xenial!!
Así de bonitos quedaron e xa decoran a nosa aula!!
Ao día seguinte... a mestra díxonos que quería distribuírnos por grupos pero non lle dou tempo, pero xa se encargou este pequeno moniño!! Mirade o cambio...
...e as nosas reaccións!! Estabamos alucinados/as ao tempo que non podiamos parar de rir!!
Fíxonos un bo favorciño pero tamén... apareceu observándoo todo dende ben arriba!! Ains mono Bono... que tremendo eres!! Baixa de aí que "vas caer"!!
A outra personaxe que coñecemos presentarémola nunha nova entradiña!! Aínda que como pista... xa tedes un debuxiño dela nos marcapáxinas que chegaron á casa nas axendas!!
Apertiñas travesas!!
12 setembro 2025
Primeira semana chea de sorrisos e aprendizaxes!!
Ola peques e familias!!
Que emocionante é estar no cole dos maiores!! Cando xa conseguimos que os nervios vaian calmando e que a ILUSIÓN o inunde todo, os SORRISOS e as APRENDIZAXES van chegando case sen darnos conta!!
A primeira semana de primaria está cheíña de RUTINAS e APRENDIZAXES en forma de xogo!! Un dos momentos que máis nos gusta é o de XOGO LIBRE!!








Tamén saír ao patio só cos compis do outro primeiro para poder facer noso con máis tranquilidade ese espazo taaaan grande!!
Unha petición cumprida foi o momento da "plasti"!!

Moi importante tamén é ir introducindo os momentos de lectura!! Que a gustiño estamos na nosa BIBLIO DA AULA!!

Pode ser de individual ou compartida cos compis ou pode ler a mestra!! Lemos un conto cheo de valores seguindo un tema que saíu na aula!!

Unha primeira semana tan intensa non colle nunha entrada!! Estade pendentes ás próximas onde coñeceremos a dous AMIGUIÑOS moi importantes na nosa aula e ensinarémosvos un pouquiño das nosas rutinas diarias!!
Apertiñas felices!!
Subscribirse a:
Comentarios (Atom)
Apadriñamentos lectores!!
Ola peques e familias!! O mes pasado no Día das Bibliotecas Escolares Libria presentounos unha actividade preciosa: OS APADRIÑAMENTOS LECTO...
-
Bo día peques e familias!! O curso arranca e con el damos a BENVIDA a novas e novos peques en PRIMARIA cunha aula ben colorida!! Na clase...
-
Ola peques e familias!! Nas LINGUAS estamos avanzando un montón na aprendizaxe da ORTOGRAFÍA, tan importante para unha CORRECTA ESCRITURA!...
-
Ola peques e familias!! Vaia dous días de emocións levamos!! Onte antes da festa de pixamas recibiamos unha CARTA moi especial!! Xa facía u...






































