mércores, 28 de maio de 2025

Obradoiro de papiroflexia!!

Ola peques e familias!! 
Os OBRADOIROS dos nosos AVOÍÑOS E AVOÍÑAS están chegando ao seu fin!! A semana pasada visitounos o AVÓ DE SOFÍA!! 
Chegou cargadiño de papeis de cores e outros documentos cheos de pasos para crear coas nosas mans!! 
Veu a ensinarnos PAPIROFLEXIA!! Foi unha xornada marabillosa onde puidemos coñecer de primeira man unha das maneiras que tiñan antes de entreterse e pasalo ben que por sorte aínda algo se conserva!! Tamén aumentamos a nosa paciencia!! Unha imaxe preciosa da mañá, sen dúbida, foi ver como @s peques disfrutaron no patio tanto cos avionciños de papel!! Porque menos é máis!! 
Tamén como os seguintes días a papiroflexia está presente continuamente polos recunchos do cole!! 
  No seguinte enlace podedes ver todo!!
Foi estupendo escoitalo e aprender tanto!! Antes de marchar, démoslle o seu merecido DIPLOMA e un gran aplauso!! 
Mil grazas polo voso tempo e adicación!! 
Apertas emocionadas!!

luns, 26 de maio de 2025

Obradoiro de cociña con produtos do mar!!

 Ola peques e familias!! 

Fai uns diíñas tivemos a sorte de festexar a FESTA DAS DECENAS cun OBRADOIRO DE COCIÑA SAUDABLE CON PRODUTOS DO MAR grazas á OPP20!! 

Ao chegar, lavamos ben as mans, puxemos o delantal e o gorro e... A COCIÑAR CON ALGAS!!

 

Primeiro, fixemos unha PIZZA que incluía algas na masa!! Tratouse da alga WAKAME!! 

Que bonito que teñamos ás AVOÍÑAS sempre presentes e valoremos as súas ensinanzas!!


E despois tocou unhas ALGAS CORREA REBOZADAS!! 

 Cando tiñamos todo listo tocaba probar!! A algúns costounos un pouco porque nunca as probaramos pero despois... non paramos de zampar!! Estaban deliciosas!! 


A continuación, complementamos o tema da LOCALIDADE cunha visita á LONXA e ao PANTALÁN!!


Alí puidemos coñecer de primeira man a profesión dos GARDAS RURAIS que ata nos deixaron subir ao barco e pesar marisco e anós mesm@s!! 

En agradecemento cantámoslle un pouquiño!! 

Aínda tivemos a sorte de que nos chegaría este agasallo ao cole!! 

MIL GRAZAS Á OPP20 por esta superexperiencia!! En especial a Carmen, Mariví, Millán e Julia!!

De volta marchamos tamén... cantando!! Que bonita é a nosa Illa de Arousa e canta riqueza ten!! 


Que semaniñas máis intensas!! 

Apertiñas cociñeiras!!

venres, 23 de maio de 2025

Seguimos coidando o noso hortiño!!

Ola peques e familias!! 

Como nos presta o bo tempo e canto disfrutamos do contacto coa natureza!! 

Estamos moi motivad@s e ilusionad@s co coidado do noso hortiño que cada día está máis bonito!! 

Tamén está sendo unha experiencia estupenda para coñecer máis sobre as plantas que cultivamos!! Investigamos sobre elas e ata fixemos uns preciosos carteis!! 

Tamén profundizamos no tipo de MÁQUINAS que utilizamos, todas elas SIMPLES E MANUAIS!! 

E puxemos en valor a profesión de agricultor/a!! Estamos sendo moi conscientes do importante que é e dos traballiños que pasan para ter unha colleita ben xeitosa!! 

Esta semana tivemos a sorte de que unha amiga da profe nos agasallou con sementes de plantas con flores e non perdemos un minuto para ir a plantalas!! 


Seguiremos coidando as nosas plantiñas xunto cos compis de 2ºB!! 

Apertiñas sementeiras!!


Aniversarios do terceiro trimestre e verán!!

Ola peques e familias!!  Este trimestre festexamos os últimos ANIVERSARIOS do curso!! Comezamos cos de Álex, Carmen, Sofía e Icía que quixer...