sábado, 29 de marzo de 2025

Festa das CENTENAS!!

 Ola peques e familias!! 

Como pasa o tempo de rápido!! Fai un tempiño festexabamos a anterior festa das centenas e esta semana... Amaranta e o elfiño xa tiñan os mandalas do 200 recollidos!! 

Así que este venres festexamos a FESTA DOS 300 DÍAS DE COLE XUNT@S!! Fai exactamente esa cantidade de días lectivos que os/as peques entraban pola porta do edificio de primaria con cariñas de ilusión e moitos nervios!! Imposible olvidalo!! E cantos avances dende aquela de todo tipo!! Se só pensamos nos académicos xa aprender a ler, escribir, sumar ou restar xunt@s... é algo precioso!! Pero houbo moitos máis!! Sobre todo, moitos SORRISOS!! E neste día non podía ser menos!! As súas peticións foron unha boa merendola, mandalas do número 300 e visita á planta de abaixo da biblioteca!! 

Así que os seus desexos están cumplidos!!

 Mirade que artistadas!! E todo o que aprenderon... estando de FESTA!! 

E para vós, peques e familias, cales son os mellores RECORDOS destes 300 días no cole de primaria?? Que sexan moitos e moi bos!! Compartídeos nos comentarios!! 

Agora toca exprimir os días que nos quedan deste curso!! Seeeeguimos!!

Apertiñas emocionadas!!

martes, 25 de marzo de 2025

Diminutivos e aumentativos!!

Ola peques e familias!! 

Hoxe toca repasar un novo tema que nos está resultando moi divertido!! 

Adiaaaante cos xogos!!

XOGO 1
XOGO 2
XOGO 3
SOPA DE LETRAS

Apertiñas divertidas!!

sábado, 22 de marzo de 2025

SORPRESÓN DE LIBRIA!!

Ola peques e familias!! 
Esta semana Libria sorprendeu a todo o cole cunha GRAN SORPRESA adiantándose á SEMANA DO LIBRO!! Aínda que xa a súa visita sempre resulta especial!! Podedes velo todo no seguinte enlace:
Animádevos a deixarlle comentarios. 
Encántalle lervos!!
Sobre a súa visita... 
as nosas cariñas dino todo!! 
Nós xa viñamos recibindo algunhas pistas días atrás que non entendiamos. Eran sobre PERSONAXES de diferentes contos!! 

Gustáronnos tanto que ata nas HORAS DE LECTURA os volviamos a ler!! 
E Amaranta e o elfiño polas tardes mentras non os usabamos!!
Cando tivemos o libriño que nos agasallou Libria na man, comezamos a establecer relacións e todo cobrou un pouco máis de sentido!! 
Libria está moi ilusionada con este entusiasmo ante o libro e a lectura!! A motivación previa sempre é clave!! Agora toca lelo para rematar de entendelo todo!! Estamos impacientes!! Apertiñas lectoras!!

sábado, 15 de marzo de 2025

Saída en veleiros!!

Ola peques e familias!! 

Como xa sabedes, levamos uns días traballando o tema do TEMPO ATMOSFÉRICO e centrabámonos no venres para valorar se podiamos realizar a nosa saída en VELA!! Miramos xornais, o tempo en internet e ata coñecimos a Santiago Pemán por medio dun comentario dunha nai no blog!! Moitas das nosas familias informábanse con el deste tema, fíxonos moita graza coñecelo!! 

Tamén os/as encargados/as teñen a misión cada día de informarnos do tempo co símbolo adecuado!! Estaba claro que o tempo soleado nos acompañaría!!

Con todo isto, recibimos unha CARTA de XELO e a GOTIÑA DA AROUSA!! Que ilusión nos fixo xa que facía moito que non sabiamos deles!! Pero había unha razón que xa vos contaramos noutra entrada... 

Despois desa chegou outra coa boa nova e...MOITOS MAPAS DO TEMPO!!

 PODIAMOS IR A NAVEGAR EN VELEIRO XA QUE DABAN MOI BO TEMPO!! E Vento Pequeno acompañaría a Vento Navegante para soprar para nós!! Neste enlace podedes recordar a historia coa que nos deron unha pista días atrás!!

HISTORIA DOS VENTOS

E sen perder máis tempo...arranca o autobús!! 

Aquí vos deixamos o enlace onde podedes ver o vídeo resumo da excursión!! Grazas en especial ao profe Toño e ao profe Manu!!

CARCAMÁN TV - CLASE DE VELA

Esta cariña pode resumir a emoción coa que vivimos esta aventura!! Foi unha experiencia que nunca esqueceremos!!

 Apertiñas aventureiras!!

mércores, 12 de marzo de 2025

Comezando novas aprendizaxes!!

 Ola peques e familias!! 

Na nosa clase non perdemos nin un minuto e novas aprendizaxes xurden todos os días!! Onte comezamos cun tema que xa traballamos en primeiro e no que estamos profundizando:  "OS CORPOS XEOMÉTRICOS". Comezamos vendo un vídeo para recordar a diferenza entre estes e as FIGURAS PLANAS. 

FIGURAS PLANAS Y CUERPOS GEOMÉTRICOS

E despois tocou aprender máis sobre os TIPOS DE PIRÁMIDES E PRISMAS segundo a súa base... repasamos?? 

PIRÁMIDES Y PRISMAS



E, para rematar, puxemos un vídeo que nos fixo moita graza!! Vaia circo!! 

EL CIRCO DE LOS CUERPOS GEOMÉTRICOS

Tamén, despois de coñecer o SISTEMA SOLAR e como acontece o DÍA e a NOITE e as ESTACIÓNS... comezamos co tema do TEMPO ATMOSFÉRICO!! Que gran mundo!! Así que primeiro vimos dous vídeos do simpático camaleón!! 

CAMALEÓN - TIEMPO ATMOSFÉRICO

Despois analizamos en diferentes MAPAS DO TEMPO os SÍMBOLOS que se utilizan. E aproveitando que estamos na SEMANA DA PRENSA, consultamos varios XORNAIS para buscar se aparecía a predición do tempo e observar que tempo daban para hoxe e para os próximos días. 

Centrámonos no VENRES xa que precisamos que non chova para a saída en vela!! A cousa non está moi clara...toca agardar un pouco máis!! 

Pero entendemos perfectamente unha das utilidades dos mesmos e falamos de todas as que podía ter!! Agora toca repasar moito e nas próximas entradas seguiremos contándovos outros temas nos que estamos inmersos!!

 Apertiñas estudosas!!

luns, 10 de marzo de 2025

Unha visita diferente á biblio!!

 Ola peques e familias!! 

A biblio ofrece tantas posibilidades que agora aínda nos gusta máis visitala e disfrutar cada día dunha diferente!! Dende que se reformou a planta de abaixo gústanos moitísimo visitala!! 

No ratiño que imos podemos pasar polo RECUNCHO DE ARTE realizando LETTERING ou debuxo libre, recortar coas diferentes tesoiras de formas ou realizar mandalas chulísimos!! Ata hai algún xigante que require un importante traballo en equipo!! 

O caballete nos encanta tamén!! 

E debuxar ou escribir libremente nunha pizarra enorme como a da aula é xenial!! 

Os libriños de buscar co rotu máxico ou os XOGOS DE LÓXICA tamén nos encantan!! 

Canto aprendemos xogando!! De seguro que repetiremos pronto!! 

Apertiñas artísticas!!

venres, 7 de marzo de 2025

Días de emocións!!

Ola peques e familias!! 

Vaia dous días de emocións levamos!! Onte antes da festa de pixamas recibiamos unha CARTA moi especial!! Xa facía unha tempada que comentabamos que non tiñamos noticias de XELO e da GOTIÑA DA AROUSA e xusto onte explicáronnos o motivo. Lede con atención!!

 Quedamos moi sorprendidos/as e intrigados/as e pronto fomos a investigar a PISTA do libro e ata fixemos un pequeno ditado sobre o tema!! Por certo, cada vez son máis longos pero facémolos mellor!!

Aí saíron pescudas dunha excursión á praia ou incluso...dun CRUCEIRO!! Pero fixámonos que o que máis aparecía eran BARCOS, en especial, VELEIROS!! Ocorréusenos que ao mellor algún AVÓ ou AVÓA podía traer un ao cole no seu obradoiro!! Hoxe ao chegar á aula tivemos máis pistas!! 

Xa a segunda hora desvelamos o MISTERIO!!

 Visitáronnos da ESCOLA DE VELA de Sanxenxo e contáronnos que... iriamos de EXCURSIÓN A NAVEGAR NOS SEUS BARCOS VELEIROS!! Non iamos moi desencamiñados/as e alucinamos!!

 Despois de explicarnos moi ben todo sobre ese tipo de barcos e as normas de seguridade da saída... aínda tiñan unha SORPRESA!!

 Trouxeron un BARQUIÑO ao cole e puidemos montar nel e comezar a practicar!! Estivo xenial!! 








Xa estamos preparados/as para a AVENTURA!!

 Será o próximo venres...

pronto teredes noticias familias!!

Apertiñas aventureiras!!

Obradoiros de xogos tradicionais!!

Ola peques e familias!!  Este trimestre estivo cheo de OBRADOIROS DE TRADICIÓN ORAL grazas aos nosos avoíños e avoíñas!! Canto aprendemos e ...