xoves, 27 de febreiro de 2025

Disfrace libre e merendola!!

Ola peques e familias!! 

O xoves foi un dos nosos días favoritos do MECO xa que cada un/unha puido escoller o DISFRACE que máis lle gusta!! 

Por iso a VARIEDADE E COLORIDO foi a tónica xeral do día nas aulas de segundo!! Ao chegar xa nos xuntamos cos compis de 2ºB para ensaiar para mañá e fixemos unha preciosa fotiño!! 

Despois tocou MERENDOLA de POSTRES TRADICIONAIS DE ENTROIDO!! 

Encantounos comer e bailar xuntos/as!! 

Somos un GRAN EQUIPO!!

Grazas familias pola vosa 

gran colaboración e implicación!! 

Mañá seguimos con máis... 

Apertiñas festeiras!!

Obradoiro de liborios con RETO!!

 Ola peques e familias!! 

A semana de ENTROIDO é un non parar!! O mércores tocou OBRADOIRO DE LIBORIOS axudados polos compis de quinto e a súa mestra que xa son uns expertos/as!! 

Que ben nos explicaron e nos acompañaron na creación e decoración dos nosos LIBORIOS!!

 Estamos moi agradecidos/as!!

 Non podiamos deixar pasar a oportunidade de incluír no ENTROIDO unha personaxe tan TRADICIONAL da AROUSA e a verdade é que nos encantou coñecela e creala nós mesmos/as!!

 Ese mesmo día ocorréusenos un RETO PARA VÓS, FAMILIAS!! A continuación poñeremos as fotos individuais de todos os liborios de 2ºA para que intentedes adiviñar QUEN É QUEN!! 

Agora deixámosvos unha foto de grupo na que pola roupa teredes algunha pistiña por se vos fai falta!! 

Adiaaaaaaante!! Deixádenos as pescudas en comentarios!! 

E se tedes algunha fotiño dalgún familiar de LIBORIO facédenola chegar!! Encantaranos velas!! 

Nun ratiño na seguinte entrada vos mostraremos os DISFRACES que cada un/unha escolleu para o xoves e a festiña que xa comezamos a montar!!

 E o venres...

o GRAN DÍA DO DESFILE!! 

Esperámosvos!!

Apertiñas tradicionais!!

martes, 25 de febreiro de 2025

O MECO da comezo ao ENTROIDO!!

 Ola peques e familias!! 

O MECO chegou dando comezo á semana de ENTROIDO!! Os seus mandadiños molan un montón!! 

O luns fomos moi obedientes!! Mirade ben os nosos CALCETÍNS variopintos!!

E que dicides dos nosos 

PESCOZOS tan coloridos?? 

Somos un grupo ben divertido!!


O martes xa tocaba decorar a CARA e os nosos deseños foron incriblemente orixinais!! 

O mércores chega con OBRADOIRO DE LIBORIOS!! Pronto volo contaremos con detalle!!

 Apertiñas entroideiras!!

luns, 24 de febreiro de 2025

Día de Rosalía de Castro!!

Ola peques e familias!! 

Onte homenaxeouse a unha GRAN ESCRITORA GALEGA... foi o DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO!! E un día con tanta TRADICIÓN non podiamos deixar de festexalo no cole!! Xa levabamos uns días preparando esta conmemoración cuns LIBRIÑOS DE POEMAS e uns MARCAPÁXINAS moi especiais cheos da flor do PENSAMENTO!! Aquí unha mostra!! 

Hoxe fixemos un intercambio precioso cos compis de 2ºB cheo de apertas!! 


Aproveitamos a xuntanza para rapear o noso POEMA FAVORITO!! 

E antes de marchar... UN VIVA POLA GRAN ROSALÍA!! 

Que momento tan emotivo!! E unha mensaxe da mesmísima Rosalía para todos/as... 

Apertiñas galegas!!

sábado, 22 de febreiro de 2025

Obradoiro de receitas tradicionais!!

 Ola peques e familias!! 

O seguinte OBRADOIRO DE TRADICIÓN ORAL estivo en mans de ESTHER, A AVOÍÑA DE VALENTINA!! 


Ela veu a falarnos de RECEITAS TRADICIONAIS DE ENTROIDO que se foron transmitindo de xeración en xeración na súa familia!! 

Pero a cousa non quedou aí e cociñou dúas delas con nós!! Primeiro tocou escribir os ingredientes das ROSQUILLAS cun boli superchulo que nos agasallaron e un folletiño precioso!!

 E despois... a cociñalas xunto cunhas FILLOAS!!

 O mellor de todo?? A merendola que nos pegamos despois e a bolsiña que nos levamos para casiña con 2 rosquilliñas máis!! 

Podedes ver o obradoiro completo no seguinte enlace:

CARCAMÁN TV

Moitísimas grazas pola visita, as aprendizaxes e a rica comilona!! 

Apertiñas agradecidas!! 

Obradoiros de xogos tradicionais!!

Ola peques e familias!!  Este trimestre estivo cheo de OBRADOIROS DE TRADICIÓN ORAL grazas aos nosos avoíños e avoíñas!! Canto aprendemos e ...