xoves, 30 de xaneiro de 2025

Preparando o día da PAZ!!

Ola peques e familias!! 

Hoxe conmemoramos o DÍA DA PAZ!! En segundo quixemos unir este día coa TRADICIÓN e cos "AVOÍÑOS/AS" dos centros de día cos que colaboramos (xa que son a mellor fonte de transmisión da mesma) para levar a cabo unha preciosa actividade!! Eleximos a seguinte canción e aprendémola!! Ensaiamos moito!!

O MUNDO É GRANDE

Despois a profe Patri axudounos a acompañala con instrumentos TRADICIONAIS!! 

Dende CARRIZOS que nós mesmos elaboramos, ata PANDEIRETAS, CASCABEIS e TRIÁNGULOS na aula de 2ºB!!


 Pero o mellor foi a colaboración dos CENTROS DE DÍA!! Grabamos a canción para poñer no timbre do cole e eles cantaron dúas das estrofas!! 

E elaboramos moitos CARTEIS relacionados coa actividade!! 

Pero faltaba o broche de ouro que foi hoxe, o propio DÍA DA PAZ!! Esperamos poder compartir pronto o resultado!!  

Apertiñas festeiras!!

mércores, 29 de xaneiro de 2025

Expertas/os en restas con levadas!!

Ola peques e familias!! 

Como nos gusta ir avanzando nas mates!! E as RESTAS CON LEVADAS son das nosas actividades favoritas!! Aquí queda explicado o método que utilizamos "pedindo prestada" unha decena!! Que xenerosos son os números!! 

E como XOGANDO 

SE APRENDE UN MONTÓN... 

imos a practicar!! 

XOGO CON EXPLICACIÓN 
XOGO 1
XOGO 2
XOGO 3
XOGO SUMAR E RESTAR

Apertiñas matemáticas!!

luns, 27 de xaneiro de 2025

Diferentes maneiras de LER!!

Ola peques e familias!! 

No nosa aula moito nos gusta LER!! E cada vez descubrimos máis maneiras diferentes e todas nos encantan, xa sexan de maneira individual ou compartida!! 

Levamos unhas semaniñas LENDO regras de xogos que nos parecen insteresantísimas!! Tamén adicamos momentos á LECTURA no blog!! O que máis nos gusta é compartir cos nosos compis os comentarios que escribimos na casa!! Tamén os das nosas familias!!

 Pero tamén LEMOS os diarios de Nadal dos compis, os contos de Amaranta e os seus amiguiños ou compartimos momentos de LECTURA de adiviñas!! 

Coñecer as normas de cada momento segundo o tipo de lectura que esteamos realizando tamén resulta moi importante!! 

Apertiñas lectoras!!

domingo, 26 de xaneiro de 2025

O bingo, un xogo con moita tradición!!

Ola peques e familias!! 

Na nosa aula seguimos traballando acerca dos XOGOS TRADICIONAIS e outros máis actuais,  aprendendo a interpretar e comprender as súas instruccións!! E como xa somos uns expertos/as no xogo do BINGO acompañamos aos peques de primeiro a xogar por primeira vez!!

 Explicámoslle as REGRAS DO XOGO e comezamos a xogar guiándoos no xogo e axudándoos cos numeros que aínda lle resultan complicados!! 

Foi unha gran experiencia para ambas aulas!! NORABOA ás gañadoras!!

 Apertiñas xogadoras!!

martes, 21 de xaneiro de 2025

Repasando ciencias e mates!!

Ola peques e familias!! 

Hoxe toca unha entrada moi variada para repasar dous temas que levamos uns diíñas traballando! Comezamos polos  SERES VIVOS E INERTES!! Despois de converternos en investigadores/as no libro de Amaranta e xogar moito na aula...

Toca comprobar con este xogo se o tedes claro!!
XOGO 1
Agora un pouco máis difícil!! Adentrámonos no mundo dos tipos de animais!! Comezamos pola diferenza entre VERTEBRADOS E INVERTEBRADOS!!


Preparados para xogar??
XOGO VERTEBRADO OU INVERTEBRADO
Agora toca profundizar nos VERTEBRADOS!!

Continuemos xogando!!
XOGO VERTEBRADOS

XOGO VARIADO

As medidas de lonxitude tamén están presentes estes días na aula!! Un repasiño e a xogar!! 

XOGO 1

XOGO 2

Apertiñas aplicadas!!

domingo, 19 de xaneiro de 2025

Os apadriñamentos lectores!!

Ola peques e familias!! 

Como cada curso Libria puxo en marcha o trimestre pasado esta actividade que nos encanta!! 

E este curso tivemos moita sorte!! Tocounos apadriñar aos peques de Educación Infantil da clase da profe Sara e... fomos apadriñados polos compis de cuarto!! Estamos ilusionadísimos/as e xa tivemos varias xuntanzas!! A ver se nos atopades no seguinte enlace: 

BLOG DA BIBLIOTECA

E recordade que: 

"UN DÍA SEN LER, 

É UN DÍA PERDIDO". 

Apertiñas lectoras!!

xoves, 16 de xaneiro de 2025

Primeiras semaniñas!!

Ola peques e familias!! 

Estas primeiras semaniñas estamos collendo o ritmo e con novas aprendizaxes moi a tope!! 

O que máis nos está gustando é medilo todo con diferentes instrumentos!! 

Xa somos uns/unhas expertos/as en CENTÍMETROS, METROS E KILÓMETROS!! 

Antes de continuar... 

XOGAMOS UN POUCO??

XOGO 1
XOGO 2

Pero como tamén estamos traballando sobre as INSTRUCCIÓNS OU NORMAS DOS XOGOS... pois toca poñelos en práctica despois!! 



Sen faltar nunca os momentiños de XOGO LIBRE que tanto disfrutamos xuntos/as!!

Onde sempre sacamos ratiños para acordarnos das personiñas importantes na nosa vida!!

 Isto non fixo máis que comezar!! Pronto seguiremos informando!! 

Apertiñas traballadoras!!

Aniversarios do terceiro trimestre e verán!!

Ola peques e familias!!  Este trimestre festexamos os últimos ANIVERSARIOS do curso!! Comezamos cos de Álex, Carmen, Sofía e Icía que quixer...