martes, 29 de outubro de 2024

O samaín e as emocións!!

Ola peques e familias!! 

No Samaín póñense de manifesto moitas emocións que conviven á vez, especialmente o MEDO!! Pero un medo divertido que nos gusta!! Como o das personaxes que estes días nos acompañan nos contos da biblio de aula!!

 Levamos uns diíñas traballando este tema cun conto que nos encanta do Hematocrítico, aproveitando para facerlle unha grande homenaxe!!

Feliz Feroz é un lobiño tan riquiño que por máis que o seu tío o LOBO FEROZ intenta que dé medo non o consegue e...

máis ben o seu sobriño consegue darlle a volta a todo!! En realidade... non é marabilloso??

Pero comecemos polo principio...

QUE SON AS EMOCIÓNS?

E concretamente... que é o MEDO?? Sabiades que aínda que nos produza unha sensación negativa ten a súa parte positiva?? 

Na peli "DEL REVÉS" é unha personaxe moi importante!! 

E para rematar unhas CANCIÓNS!! 



Apertiñas medorentas!!

luns, 28 de outubro de 2024

Xa chegou o Samaín ao cole!!

 Ola peques e familias!! 

Esta semana xa é SAMAÍN!! 

Xa nos demos conta só chegar ao cole!!

O corredor está cheíño de personaxes monstruosas entre as que se atopan as terroríficas cabazas que foron chegando!! Tod@s quixemos participar e está quedando unha exposición chulísima!!

Na aula continuaron as sorpresas!! 

Incluso a nosa mascotiña de Samaín xa se uniu ao grupo de Amaranta e o elfiño!!

Ata a FESTA DAS DECENAS hoxe resultou un tanto terrorífica!! Xa levamos 1 CENTENA e 1 DECENA completas de días de cole xunt@s!! Sabedes cantos días son?? 

En todas as actividades está presente o SAMAÍN!! Como converter os mandalas do número 200 en monstros simpatiquísimos!!

 Tamén as cancións e lecturas van nesta liña!! Encántanos esta celebración!!


Apetécevos rematar bailando en familia?? Adiante con este twist tan divertido!! 

Apertiñas monstruosas!!

sábado, 26 de outubro de 2024

Semana da froita...MONSTRUOSA!!

Ola peques e familias!! 

Nos pasados días foi a SEMANA DA FROITA!! Na nosa aula como xa estamos cos preparativos para SAMAÍN démoslle un toque monstruoso!!

 Cada día conseguimos diferentes INSIGNIAS se iamos cumprindo o calendario da mesma ou se a nosa merenda incluía froita!! 

Foi moi emocionante!! 

Finalmente, debido ao éxito da mesma tod@s tivemos unha RECOMPENSA FINAL en forma de...MONSTRO DAS VERDURAS!! 

Se se trata de ALIMENTACIÓN SAUDABLE, FROITAS E VERDURAS sempre van da man!! Agora toca seguir na mesma liña a diario para crear un bo hábito!! 

Apertiñas saudables!!

luns, 21 de outubro de 2024

Festa das 2 centenas!!

 Ola peques e familias!! 

O luns pasado alcanzamos os 200 DÍAS DE COLE XUNT@S!! Nin máis nin menos que 2 CENTENAS!! 


Así que hoxe tocou celebralo!! Recibiunos este mosntruíto xunto con Amaranta e o elfo que chegaron cunha CARTA por fin!!


Os nosos amiguiños tamén prepararon unha merendola!! E unha SORPRESA para a SEMANA DA FROITA que chegou hoxe á casa e vos iremos contando...

Por suposto, tamén xogamos moito con esa cifra!! De maneira manipulativa, no blog, artisticamente...

RETO: contade en comentarios que números aparecen representados nas últimas dúas fotos!!

O manexo das novas tecnoloxías: rato, teclado, etc. tamén son importantes, así que aquí vos deixamos uns xogos para que poidades seguir festexando esta celebración tamén en familia!! 

XOGO 1

XOGO 2

XOGO 3
XOGO 4

Apertiñas emocionadas!!

xoves, 17 de outubro de 2024

Profundizando nos sectores económicos!!

Ola peques e familias!! 

Levamos xa uns diíñas recordando todo o aprendido o curso pasado sobre PROFESIÓNS grazas ás vosas visitas nos OBRADOIROS!! 


Xogamos moito e tamén traballamos completando cancións nas que reflexionamos sobre os cambios nos equidade!! Seguro que vos soa esta!!

Este curso toca profundizar un pouquiño máis!! Imos cos SECTORES ECONÓMICOS!!


XOGO 1
XOGO 2

Moi relacionado co anterior debemos coñecer as MATERIAS PRIMAS E PRODUTOS ELABORADOS!! 


XOGO 1
XOGO 2

NESTE ÚLTIMO XOGO AO REMATAR PULSA EN FINALIZADO E COMPROBAR AS MIÑAS RESPOSTAS.

Apertiñas traballadoras!!

mércores, 16 de outubro de 2024

O corpo humano dá moito xogo!!

Ola peques e familias!! 

Estas semanas traballando o CORPO estámolo pasando xenial!! Cantas cousas aprendemos xogando!! Ademais de seguir coñecendo os SISTEMAS DO NOSO CORPO, fixemos un montón de actividades de todo tipo!! Preparados para unha entrada ben variada e completa?? 

As primeiras semanas repasamos as PARTES DO CORPO que traballamos o curso pasado...EN PARELLAS!! Para despois facer un gran mural!!

 Pero o que máis xogo deu sen dúbida foron os ÓSOS!! E o noso amigo Manolito!! Aínda que comezaron a aparecer máis... 

E isto levounos a recordar que pronto sería Samaín!! Debuxos, pasatempos, bailes... ENCÁNTANOS ESTA CELEBRACIÓN e adiantámonos un pouco!! 

Despois de montar un gran ESQUELETO traballamos con el na pizarra!! 

Aínda que ao día seguinte o elfiño fixo das súas...xa tardaba!! Vedes os seus pés?

E co mesmo ESQUELETO fixemos un xogo de RETOS!! 

A recompensa era colocalo coa postura máis orixinal!! 

Pero tamén traballamos moito a escritura e na libreta consultando todas as fontes de información das que dispoñiamos na aula!! 

Os XOGOS NO BLOG e a LECTURA foron un complemento perfecto para as aprendizaxes!! Coñecemos tamén o nome dos ósos en castelán!! 

E, por suposto, os REPASOS!! En equipo molan máis!! 

Estas semanas continuaremos descubrindo o CORPO e o seu coidado!! 

Apertiñas óseas!!

Obradoiros de xogos tradicionais!!

Ola peques e familias!!  Este trimestre estivo cheo de OBRADOIROS DE TRADICIÓN ORAL grazas aos nosos avoíños e avoíñas!! Canto aprendemos e ...