sábado, 28 de setembro de 2024
xoves, 26 de setembro de 2024
Que divertido é o esqueleto!!
Ola peques e familias!! Hoxe toca aprender algo novo!! O noso SISTEMA ÓSEO!! Primeiro en GALEGO e despois en CASTELÁN!!
Estade ben atent@s a este vídeo!! Agora unhas curiosidades... e a ritmo de RAP tooooodos os ósos un a un!!
Tantos temos?? INCRIBLE!! Toca xogar un pouquiño!! Imos alá!! Continuamos cantando e bailando?? E de paso...preparándonos para o SAMAÍN!! E para rematar máis relaxados... UN VÍDEO divertido para ver sentados!! Apertiñas óseas!!
mércores, 25 de setembro de 2024
As mates tamén serven para ordear!!
Ola peques e familias!!
Hoxe repasamos os NÚMEROS ORDINAIS!!
Despois das imaxes e o vídeo...toca unha actividade de repasiño!!
E para rematar
moitos XOGOS e un RETO!!
Escritura números ordinales.
XOGO NÚMEROS ORDINAIS 3
XOGO NÚMEROS ORDINAIS 4
E para rematar...
saberiades escribir nos comentarios
que número ordinal vos corresponde
segundo a lista da clase?
CON LETRA E... CON NÚMERO!!
(Pedide axuda para buscar
o símbolo no ordenador.)
Apertiñas ordeadas!!
luns, 23 de setembro de 2024
O corpo humano!!
Ola peques e familias!
O CAMALEÓN é un vello amigo que sempre nos axuda co seu humor a aprender contidos novos como os seguintes!! Prestade moita atención!!
E para rematar un RETO!! Animádevos a facer hoxe unha MERENDA MOI SAUDABLE e compartilo con nós en comentarios!!
Apertiñas estudiosas!!
venres, 20 de setembro de 2024
Xogando, xogando imos recordando!!
Ola peques e familias!!
Fai uns días retomamos a rutina de contar os días que levamos de cole, continuando cos de primeiro... E XA SON CASE 180 XUNT@S!! Unidades, decenas, centenas... toca volver a manexar diariamente eses conceptos!!
Tamén visitamos o noso BLOG para ver as novidades e ler algúns dos primeiros comentarios que nos deixastes!! Que ilu!!
Para facer un descansiño aproveitando o bo tempo... tocou merendola de PICNIC no patio!!
Estas primeiras semaniñas estannos valendo para recordar e refrescar todo o aprendido o curso pasado e ir introducindo cousiñas novas!! E que mellor forma que xogando??
Nestas actividades da pantalla practicamos de todo: lectura, fluidez, comprensión..., así como, matemáticas, razoamento, partes do corpo...e moito máis!! E ata bailamos!!
Os tipos de palabras tamén estiveron presentes dunha forma ben divertida!! O xogo dos VERBOS encantounos!! Lemos, escribimos... e aproveitamos para practicar diferentes tonos de voz!! Probade a facelo na casa!!
Ssssshhhhhh...
Pasámolo pipa xogando EN EQUIPO!! Tedes todos estes xogos e máis nunha entrada anterior... A PRACTICAR XOGANDO!!
Apertiñas xoguetonas!!
xoves, 19 de setembro de 2024
Achéganse os primeiros aniversarios!!
Ola peques e familias!!
Nestas primeiras semaniñas siguen sucedéndose as SORPRESAS!! Esta semana festexamos o ANIVERSARIO pendente da PROFE ALI que chegou acompañada dun tren de chocolate que nos encantou!!
Prontiño chegan os primeiros aniversarios deste curso polo que puxémonos MANS Á OBRA para preparar un novo agasalliño!! A primeira parte require secado polo que xa tiñamos que deixala preparada para cando cheguen as datas sinaladas!!
Este curso deixaremos PEGADA ARTÍSTICA e de CORAZÓN nas postaliñas dos nosos compis!! Polo de agora a primeira xa a temos lista!! Agora teredes que esperar a que vaian chegando ás casiñas para descubrir máis!! Apertiñas festeiras!!
martes, 17 de setembro de 2024
Comezamos repasando o CORPO con xogos!!
Ola peques e familias!!
Sen un minuto que perder... esta semaniña comezamos repasando o CORPO HUMANO e introducindo pouquiño a pouco algúns contidos novos!!
CALES NON SON PARTES DO CORPO??
PARTES DO CORPO E LATERALIDADE
CONTANDO PARTES DO CORPO
UN REPASIÑO!!
ADIVIÑAS??
SEGUIMOS??
ATOPAR ÓSOS
SEGUIMOS COS SISTEMAS!!
HÁBITOS SAUDABLES
A xogar moito!!
Apertiñas traballadoras!!
domingo, 15 de setembro de 2024
Comezamos SEGUNDO DE PRIMARIA!!
Ola peques e familias!!
Un novo curso chegou... xa estamos en SEGUNDO DE PRIMARIA!! E con el... os reencontros, os sorrisos e un montón de actividades de aprendizaxe!! Non perdemos un minuto!!
O primeiro foi debuxar o mellor momento do noso VERÁN e compartilos na aula!!


Tamén fixemos actividades artísticas e cooperativas como estes supermurais!! Nestes vídeos podedes velo!!
E xogamos, xogamos moito!! Todo isto axúdanos a recordar e volver a interiorizar as normas da aula!!
Apertiñas ilusionadas!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
A biblioteca galáctica contra a IA fantástica!!
Ola peques e familias!! O título desta entrada correspóndese co do libro que nos agasallou LIBRIA e no que se basea a OBRA DE TEATRO á que...
-
Ola peques e familias!! Nas LINGUAS estamos avanzando un montón na aprendizaxe da ORTOGRAFÍA, tan importante para unha CORRECTA ESCRITURA!...
-
Ola peques e familias!! Como sabedes, esta semana comezou cunha visita moi, pero que moi especial!! Despois de todo o curso inmersos na ART...
-
Ola peques e familias!! Vaia dous días de emocións levamos!! Onte antes da festa de pixamas recibiamos unha CARTA moi especial!! Xa facía u...