domingo, 30 de xuño de 2024
xoves, 13 de xuño de 2024
Outra visita moi emotiva!!
Ola peques e familias!!
Hoxe tocoulle o turno ao CENTRO DE DÍA DA AROUSA!! Tamén lle fixemos chegar a nosa invitación ao cole despois de meses visitándoos e facendo actividades xunt@s coa ARTERAPIA por bandeira!! Encantoulles a idea e hoxe viñeron con moitas ganas e ilusión!!
Recibímolos con moito agarimo e moitas preguntas!!
Despois escoitamos atentamente as historias de antes de diferentes zonas da Arousa!!Que cousiñas tan interesantes viviron!!
Tamén traían a "NOSA ILLA" a gran tamaño para colocar cada fotiño no seu lugar!! Que preciosidade!!
Nós a cambio invitámolos a merendar e entregámoslle un agasallo!! Foi xenial!! O momento da despedida sempre é o que menos nos gusta pero se o acompañamos das PALABRAS BONITAS das nosas batiñas lévase moito mellor!!
MOITAS GRAZAS AOS 10 INVITAD@S DE EXCEPCIÓN E A VALERIA, ESTHER E MARTINA por esta oportunidade tan enriquecedora!! Despedimos este curso pero queda moito por vivir xunt@s!!
Apertiñas emocionadas!!
martes, 11 de xuño de 2024
Unha visita moi ESPECIAL!!
Ola peques e familias!!
Como sabedes, esta semana comezou cunha visita moi, pero que moi especial!! Despois de todo o curso inmersos na ARTERAPIA, centrada nos nosos maiores, intentando facelos FELICES de diversas maneiras...decidimos invital@s a finalizar o curso pasando unha xornada con nós no cole!! Así que o luns viñeron unha boa representación do CENTRO DE DÍA LEMBRANZAS grazas a Carolina, a nai de Enma, e a Tania!! Preparamos todo xunto cos compis de 1º B como se merecían e... démoslle unha agarimosa benvida!!
Primeiro tocou presentarse e contarnos algunhas cousiñas!!
Pero pronto nos puxemos MANS Á OBRA, tocaba crear ARTE XUNT@S!!
Un compi quería facer un campo de fútbol e quedou abraiado co que lle debuxou "o avoíño"!!
Estas manciñas traballando xuntas deixan sen palabras, só emocionan!!
Vaia artistadas saíron!! E, sobre todo, canta complicidade, sorrisos e agarimo!! Varias obras foron o agasallo que quixemos que levasen de recordo!!
Pero a mañá seguiu cunha GRAN MERENDOLA que temos que agradecervos familias!! Sempre superades expectativas!! Aos avoíñ@s encantoulles e a nós máis!! Pero, unha vez máis, o mellor foi a COMPAÑÍA e os momentiños preciosos que se crearon entre tod@s!!
Despois de todo, aínda tiveron un precioso agasallo para nós cunha frase moi emotiva!!
E, como remate final, quixemos que formasen parte do noso "MUSEO" onde expoñemos todo o traballado este curso, xa que el@s foron parte esencial!! Así que puxemos as nosas BATIÑAS e así llo explicamos aos nosos compis dos outros cursos!! Quedaron alucinad@s!!
Tocaba despedirse... e non queriamos!! Por iso as APERTAS, BICOS e PALABRAS BONITAS parecían non ter fin!!
domingo, 9 de xuño de 2024
Apadriñamos unha DORNA!!
Ola peques e familias!!
Unha das actividades estrela deste curso dentro do PROXECTO "BENESTART" foi o "APADRIÑAMENTO DUNHA DORNA", que vos adiantaramos a principio de curso!! Libria nolo conta de marabilla!!
BLOG DA BIBLIOTECA
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
A biblioteca galáctica contra a IA fantástica!!
Ola peques e familias!! O título desta entrada correspóndese co do libro que nos agasallou LIBRIA e no que se basea a OBRA DE TEATRO á que...
-
Ola peques e familias!! Nas LINGUAS estamos avanzando un montón na aprendizaxe da ORTOGRAFÍA, tan importante para unha CORRECTA ESCRITURA!...
-
Ola peques e familias!! Como sabedes, esta semana comezou cunha visita moi, pero que moi especial!! Despois de todo o curso inmersos na ART...
-
Ola peques e familias!! Vaia dous días de emocións levamos!! Onte antes da festa de pixamas recibiamos unha CARTA moi especial!! Xa facía u...