xoves, 30 de maio de 2024
sábado, 25 de maio de 2024
Chegou o gran día do MUSICAL!!
Ola peques e familias!!
Vaia mañá chea de SORPRESAS pasamos o venres!! Ao chegar puxémonos rumbo ao auditorio para gozar do GRAN MUSICAL que Libria nos tiña preparado!!
Estas actividades xeran tantos vínculos e momentos bonitos!!
No seu blog podedes ver todo o que aconteceu!! Animádevos a visitalo e deixar algún comentario!!
BLOG DA BIBLIOTECA
E aquí unha pequena mostra do día tan especial que vivimos @s nen@s da nosa aula CANTANDO e BAILANDO xunt@s!!
As nosas cariñas dino todo!! E cando descubrimos que tamén nos asinaría o libro alucinamos!!
Con este día de emocións despedímonos ata a próxima entrada!!
Apertiñas musicais!!
mércores, 22 de maio de 2024
Imos de MUSICAL!!
Ola peques e familias!!
Xa vos adiantamos que o mes das LETRAS GALEGAS viña cargadiño de SORPRESAS!! Xa fai unhas semaniñas LIBRIA apareceu coa primeira parte que podedes ver aquí:
BLOG DA BIBLIOTECA
Agasallounos cun LIBRO para cada un sobre a autora homenaxeada este ano nas LETRAS GALEGAS e prometeunos que se o liamos ben atent@s viría acompañado dunha GRAN SORPRESA que...chegou onte en forma de CARTA!!
Aquí vola conta LIBRIA no seu blog con todo detalle!!
BLOG DA BIBLIOTECA
Estamos alucionad@s e emocionad@s!!
E todo isto acompañado do TRABALLO EN EQUIPO da nosa DORNA APADRIÑADA, o concerto de VIOLÍN... e moitas cousiñas máis que vos iremos contando durante o MES DA NOSA LINGUA!! Polo de agora... toca coñecer mellor á profesora, violinista e escritora LUÍSA VILLALTA!!
Disfrutade destes vídeos,
cancións e xogos!!
VÍDEO- BIOGRAFÍA DE LUÍSA VILLALTA
CANCIÓN LUÍSA VILLALTA
XOGO BIRLOS
LUÍSA VILLALTA EN 10 PREGUNTAS!!
SOPA DE TÍTULOS VILLALTESES
PESCANDO NOMES DE LUGAR
Apertiñas galegas!!
domingo, 19 de maio de 2024
Revista Carcamán!!
Ola peques e familias!! Un curso máis coa chegada da SEMANA DAS LETRAS GALEGAS publícase a esperada revista do cole: a REVISTA CARCAMÁN!!Primeiro realízase un CONCURSO para decidir a PORTADA GAÑADORA entre todo o alumnado que se presenta!! Este curso correspondeulle a Lola Arroyo de 6ºA, NORABOA!! Neste vídeo podedes velas todas!!Unha vez elixida todo o alumnado e profesorado participa na súa elaboración!! Grazas en especial ao Equipo de Dinamización da Lingua Galega por darlle forma!! Aquí a podedes disfrutar en formato dixital!! Esperamos que vos guste!!
Pero a celebración das nosas letras no cole non remata aquí!! Fáltanos contarvos aventuras da nosa DORNA APADRIÑADA e un SORPRESÓN que nos ten preparado LIBRIA a todo o cole no que xa levamos investigando unhas semaniñas!! Unha pista é a portada deste libro do que @s vos@s peques vos poderán contar algo xa... Prontiño teredes máis novas!! Apertiñas galeguiñas!!
xoves, 16 de maio de 2024
Que divertidas son as GRÁFICAS!!
Ola peques e familias!!
Estas semaniñas andamos a voltas cun novo tema de MATEMÁTICAS que nos está parecendo moi interesante e divertido!! AS TÁBOAS DE DATOS E AS GRÁFICAS!!
Rexistrar datos e convertelos en gráficas mola!! Por iso a semana que vén aproveitando que teremos no cole a próxima "SEMANA DA FROITA", iremos rexistrando cantos nen@s da clase traen as froitas que propoñemos para realizar unha gráfica con datos reais!! Esperamos que os resultados sexan moi bos!! ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR POLA SAÚDE e polo traballiño de aula que faremos!!
Sabemos elaboralas pero interpretándoas xa somos tod@s uns/unhas expert@s!! Sexan horizontais ou verticais!!
E, para rematar, que vos parece se repasamos cun XOGO??
GRÁFICOS DE BARRAS
Contade en comentarios como vos foi!!
Apertiñas matemáticas!!
mércores, 15 de maio de 2024
Feliz día da familia!!
Ola peques e familias!!
Todos os días sodes IMPORTANTES pero hoxe conmemórase O VOSO DÍA!! Un día no que recordamos o BONITO E NECESARIO que é ter unha FAMILIA!!
Unha familia ÚNICA E DIFERENTE ás demais pero, sobre todo, unha FAMILIA ESPECIAL!!
Este curso traballamos este día cun CONTO preeeecioso!!
En varios idiomas!!
Co inglés axudounos a profe Tania!!
Pero agora vén o mellor!! Preparamos unha SORPRESA ENORME coa que seguro que vos ides emocionar!! Aquí vola deixamos en forma dun vídeo precioso!!
Gustouvos??
Encantounos facelo polo que significades para nós e para @s mestr@s cos que traballades día a día EN EQUIPO!! Aproveitan para darvos as GRAZAS!! Porque tamén nos demos conta de que xunt@s tamén formamos unha FAMILIA!!
A FAMILIA DO COLE!!
Aquí queda o conto completo, tamén en inglés!! Recomendámosvos que o vexades enteiro!!
VÍDEO DO CONTO
Para despedirnos queremos darlle as GRAZAS tamén á nosa familia de MESTR@S que tanto nos coidan, nos ensinan e nos axudan!!
E, hoxe en especial, á PROFE TANIA pola súa gran axuda e implicación nesta sorpresa!! Querémoste!!
Apertiñas emocionadas!!
domingo, 12 de maio de 2024
Excursión de fin de curso!!
Ola peques e familias!!
Chegou o mes de maio e nós xa comezamos a ser conscientes de que o curso está chegando ao seu final e que mellor maneira de despedilo que unha SUPEREXCURSIÓN!!!
Así que montamos no autobús rumbo ao Grove moi ilusionad@s!!
Se xa no bus o pasamos pipa... imaxinade alí!! Só chegar fixemos as presentacións e contáronnos as normas!!
Repuxemos forzas e collemos rumbo ao MONTE como auténticos explorador@s e dispuxémonos a xuntar MATERIAIS DA NATUREZA para construír as nosas CABANAS e decoralas!!
Pasámolo xenial e foi moi interesante porque aprendemos un montón!!
O momento da comida tamén estivo xenial!! E pronto tocaba prepararse para ir á PRAIA a non parar de XOGAR e de mollarnos ata as orellas!!
Foi divertidísimo!!
Non tiñamos ganas de que chegase o final así que despois de cambiarnos e gardar todas as nosas cousiñas aínda botamos uns últimos bailes!!
No bus de volta, xa se notaba un pouquiño o cansanzo... ou non? Xulgade vós mesm@s!!
Acabamos de chegar
e xa queremos repetir!!
Apertiñas emocionadas!!
luns, 6 de maio de 2024
O mundo das máquinas!!
Ola peques e familias!!
Seguindo co estudo do PASO DO TEMPO adentrámonos no cambio que sufriron as MÁQUINAS cos anos!!
E comezamos o seu estudo!!
Comezamos cun VÍDEO!!
TIPOS DE MÁQUINAS
E aquí van uns esquemiñas!!
.jpg)
.jpg)

Para saber máis das que nos rodean a diario collemos as nosas táboas e... a INVESTIGAR POLO COLE!!
No novo espazo de "polos creativos" non dabamos feito!!
TOCA XOGAR!!
SOPA DE LETRAS
MÁQUINAS SIMPLES 1
MÁQUINAS SIMPLES 2
MÁQUINA COMPUESTA 1
MÁQUINA COMPUESTA 2
MÁQUINAS MANUALES E AUTOMÁTICAS
E agora a investigar!!
Escribide en comentarios unha
LISTA de MÁQUINAS que haxa
polas vosas casiñas!!
Recordade as normas para facer unha lista (en galego sustituímos a letra "y" pola letra"e":)
Apertiñas investigadoras!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
A biblioteca galáctica contra a IA fantástica!!
Ola peques e familias!! O título desta entrada correspóndese co do libro que nos agasallou LIBRIA e no que se basea a OBRA DE TEATRO á que...
-
Ola peques e familias!! Nas LINGUAS estamos avanzando un montón na aprendizaxe da ORTOGRAFÍA, tan importante para unha CORRECTA ESCRITURA!...
-
Ola peques e familias!! Como sabedes, esta semana comezou cunha visita moi, pero que moi especial!! Despois de todo o curso inmersos na ART...
-
Ola peques e familias!! Vaia dous días de emocións levamos!! Onte antes da festa de pixamas recibiamos unha CARTA moi especial!! Xa facía u...