sábado, 30 de setembro de 2023
mércores, 27 de setembro de 2023
Por fin coñecemos a biblioteca!!
Ola peques e familias!!
Esta semana foi emocionante!!
Chegounos unha carta enooooorme e moi especial de LIBRIA que recibimos xunto aos compis de 1ºB mentras liamos xunt@s!! Traíana @s carteir@s da biblio!!
Invitábanos a coñecer a biblio do cole e...estaríanos esperando alí con todo preparado!!
Que emoción!! O momento chegou!!
As nosas cariñas o din todo!!
E as deste vídeo... aínda máis!!
Pero aínda había máis!! Tiña os carnés d@s compis nov@s preparados e un agasallo para tod@s que recibimos con moita ilusión!!
Como nos gustou chocarlle as
cinco e enchela de apertas!!
Aproveitamos para coñecer o funcionamento da biblio e...quedarnos a descubrila un ratiño!!
E a última novidade é que en OUTUBRO abre a biblio nos recreos e podemos levar libros en PRÉSTAMO PARA A CASA!! Teremos que traer o noso carné ou recordar o número, coidalo moi ben e devolvelo antes de 7 días!!
Volveremos moi pronto!!
GRAZAS LIBRIA POR TODO!!
Nunca esqueceremos que...
"UN DÍA SEN LER,
É UN DÍA PERDIDO".
Apertiñas lectoras!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
Despedimos o curso!!
Ola peques e familias!! Aproveitando que as tecnoloxías xa deixan resumimos nunhas fotiños e vídeos o ben que o pasamos na despedida do cu...

-
Ola peques e familias!! Nas LINGUAS estamos avanzando un montón na aprendizaxe da ORTOGRAFÍA, tan importante para unha CORRECTA ESCRITURA!...
-
Ola peques e familias!! Vaia dous días de emocións levamos!! Onte antes da festa de pixamas recibiamos unha CARTA moi especial!! Xa facía u...
-
Ola peques e familias!! Hoxe reunímonos todo o colexio no patio para unha CONMEMORACIÓN que ogallá pronto non sexa necesaria. O 25 de NOVE...