Ola peques e familias!!
Agora si que si!!
Toca despedirse!!
E como o facemos??
Pois cunha FESTA, por suposto!!
Mirade parte da MERENDOLA
tan bonita e deliciooooosa!!
Grazas a todas pola colaboración
unha última vez!!
Pero neste día dou tempo a moito!!
Repasamos RECORDOS xunt@s...
...fixemos unha CÁPSULA DO TEMPO para abrir cando marchemos ao insti...
...agasallamos a cada mestr@, á conserxe Raquel, a Sandra e ao administrativo José Luis cunha postal cos seus SUPERPODERES...
...despedimos aos de SEXTO...
...cantamos unha última vez a CANCIÓN DO PROXECTO cos de cuarto poñendo a música...
e... ata a profe Ali nos contou cun xogo quen era o seu alumn@ favorit@!! Estades preparad@s para descubrilo??
Eses SORRISOS que se ven a través da caixa e no seguinte vídeo son os que fan que todo MEREZA A PENA!!
Aínda que a mestra...
tamén resultou sorprendida
mentras nos gravaba a nós!!
E sigue dando as GRAZAS polos agasallos!!
AÍNDA ESTÁ EMOCIONADA!!
GRAZAS, GRAZAS E
MIL VECES GRAZAS
por dous cursos MARABILLOSOS!!
Pequech@s e familias BO VERÁN!!
Vémonos á volta!!
Ata SEMPRE!!
A profe Ali :)