sábado, 24 de xuño de 2023
xoves, 22 de xuño de 2023
"Palabras que veñen e van"
Ola peques e familias!!
O trimestre pasado
recibimos un SORPRESÓN
da man de Raquel,
a nosa marabillosa conserxe!!
@ carteir@ da Arousa trouxo unha CARTA ao cole para nós!!
Para nós en exclusiva!!
Mirade, mirade!!
Era duns nenos e nenas dun cole de Pontecesures que tamén estaban en segundo!! Propoñíannos un XOGO DE PALABRAS ENCADEADAS pola última letra a través de CARTAS!! Enteraríanse de que o tema do PROXECTO do cole era a ESCRITURA??
Así comezou un precioso PROXECTO ENTRE CENTROS chamado:

Sucedéronse moooitas CARTAS e PEZAS DE PUZZLE con palabras que comezamos encadeando pola última letra para pasar á ultima SÍLABA!! O curso pasaba e xa iamos avanzando en aprendizaxes!!
E ata en Nadal recibimos unha POSTAL e aproveitamos para coñecer as diferenzas entre unha POSTAL e unha CARTA!!
Cando xa eramos expert@s decidimos contestarlles cunha POSTAL DA AROUSA para que coñecesen a nosa terriña!!
Finalmente, encadeando, encadeando... chegou o FIN DE CURSO e con el este marabilloso resultado!!
Tan chulo foi que decidimos montar un MURAL para expoñelo no AUDITORIO!!
Pero... as SORPRESAS
non remataron aí!!
O último día a profe tiña preparada a última!! Cando estivemos moi atent@s á pantalla aí estaban...@s compis de PONTECESURES!!
Quedamos alucinad@s!!
Por fin nos poñiamos cara!!
Presentámonos, fixémonos as preguntas que nos intrigaban e... xogamos ás PALABRAS ENCADEADAS, desta vez en directo!!
Foi unha experiencia xenial!!
Esperamos que vos pasedes a ver o resultado do PDI na exposición do AUDITORIO!!
Hai moitas SORPRESAS!!
Apertiñas viaxeiras!!
Aniversarios de verán!!
Ola peques e familias!!
Tod@s compartimos cos nos@s compis a chegada aos 8 aniños e @s compis que cumpren no verán non ían ser menos!! Cun pouquiño de antelación pero con moita ilusión compartiron con nós un momento especial!!
Óscar tivo o seu momentiño rodeado de dous biscoitos riquísimos a falta dun!! Desapareceron, por suposto!!
GRAZAS COMPI E
PARABÉNS POR ADIANTADO!!
O seguinte foi Leo que veu cargado de chocolate coa súa xigantesca torta e con moita ilusión!!
GRAZAS COMPI E
PARABÉNS POR ADIANTADO!!
E rematamos a ronda con Sira que trouxo unha torta de tantos pisos que tivemos que comela escalando!! Que bonita e deliciosa!!
GRAZAS COMPI E
PARABÉNS POR ADIANTADO!!
E sabedes quen cumpre tamén no verán?? A profe Ali que tamén o quixo celebrar con nós!! Soprou a súa vela de... interrogante!! Que pilla!!
Cantamos, bailamos e desexámoslle o mellor a estes compis para o día do seu aniversario!!
Apertiñas festeiras!!
luns, 19 de xuño de 2023
Aniversarios do terceiro trimestre!!
Ola peques e familias!!
Nestes últimos meses de curso non deixamos de facernos maiores ao ladiño d@s nos@s compis e mestr@s compartindo con el@s bailes, cancións, doces caseiros e moitos SORRISOS!!
Comezou o trimestre cumprindo aniños EMMA!! Como sabe o lambonciñ@s que somos trouxo dúas tortas a falta dunha!!
GRAZAS E PARABÉNS COMPI!!
Continuou SOFI cun superbiscoito do mesmo tamaño case que a supervela co número 8!! Que maior compi!!
GRAZAS E PARABÉNS!!
Seguimos con JAVI!! Xa nos sorprendera hai uns días co seu gran cambio de look pero coa GRAAAN torta que trouxo deixounos aínda máis alucionad@s se cabe!!
GRAZAS E PARABÉNS COMPI!!
O seguinte foi IZAN!! De familia de cociñeiros sorprendeunos cunha fermosa flor de mazá que estaba deliciosa!!
GRAZAS E PARABÉNS COMPI!!
E, para rematar, DIEGO compartiu con nós un biscoito ben apetitoso!!
GRAZAS E PARABÉNS COMPI!!
Para todos vós...MÚSICA!!
Apertiñas festeiras!!
domingo, 18 de xuño de 2023
O museo pechou as súas portas!!
Ola peques e familias!!
Que gran éxito o MUSEO
DE MÁQUINAS DA NOSA VIDA!!
Antes de pechalo tocou recibir aos pequechiños e pequechiñas do cole!! As dúas aulas de INFANTIL viñeron ata o noso edificio a gozar desta marabillosa actividade!!
Foi estupendo!!
Mirade, mirade
que atent@s estaban!!
Ao rematar, acompañámolos ata a súa aula e quixeron sorprendernos cunha marabillosa obra de teatro!! Son uns/unhas ARTISTAS!!
E os de sexto non foron menos!! Arroupáronos dunha maneira estupenda!! Fíxonos unha especial ilusión a visita d@s nos@s PADRIÑOS E MADRIÑAS LECTORAS!!
Ao rematar, aproveitamos para darlle un detalliño polos bos momentos pasados xunt@s durante este curso!! Unha postaliña para cada un/unha asinada por tod@s nós!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
A biblioteca galáctica contra a IA fantástica!!
Ola peques e familias!! O título desta entrada correspóndese co do libro que nos agasallou LIBRIA e no que se basea a OBRA DE TEATRO á que...
-
Ola peques e familias!! Nas LINGUAS estamos avanzando un montón na aprendizaxe da ORTOGRAFÍA, tan importante para unha CORRECTA ESCRITURA!...
-
Ola peques e familias!! Como sabedes, esta semana comezou cunha visita moi, pero que moi especial!! Despois de todo o curso inmersos na ART...
-
Ola peques e familias!! Vaia dous días de emocións levamos!! Onte antes da festa de pixamas recibiamos unha CARTA moi especial!! Xa facía u...