martes, 29 de novembro de 2022
venres, 25 de novembro de 2022
"Rompe as cadeas que te fan chorar"
Ola peques e familias!!
Chegou o día, o día de reivindicar
que NON queremos VIOLENCIA
ao noso redor!!
Levamos varios días
preparándoo...
Por iso o alumnado e profesorado
do CEIP TORRE-ILLA unímonos
para "ROMPER XUNT@S AS
CADEAS QUE NOS FAN CHORAR"!!
Tres compañeiras representaron
á nosa aula!!
Porque como di a canción
que cantamos e bailamos...
"Se acabaron las lágrimas"!!
"Cuando sientes frío en la mirada,
cuando alguien ha roto
tu sonrisa de cristal"...
mércores, 23 de novembro de 2022
A aventura de aburrirse foi...ALUCIFLIPANTE!!
Ola peques e familias!!
Esta semana comezou...
con EXCURSIÓN EN BUS!!
Para nós iso xa foi unha FESTA!! Pero...seguimos a ruta andando!!
E por fin chegamos...
ao TEATRO!!
Estabamos moi nervios@s
esperando e...a obra comezou!!
Vides a XOGAR CON NÓS??
Con esta montaña de xoguetes
pasarémolo ben??
Ou mellor coa nosa
IMAXINACIÓN!!
E cun patiño de goma
e unha linterna!!
Acompañádesnos
a vivir aventuras en busca do
patiño polo MUNDO DAS CORES??
Coooomezamos alucinando!!
Pero...que ven os nosos ollos??
Como dixo unha compi a obra e
isto de XOGAR COA IMAXINACIÓN...
é ALUCIFLIPANTE!!
Que sabias son as AVOÍÑAS...
Para finalizar...
A CANTAR con Rita!!
Por que non probades a
ABURRIRVOS un pouco en
FAMILIA e IMAXINAR??
Animádevos a contarnos as vosas
aventuras en COMENTARIOS!!
E para despedirnos...
a última aventura ocorreu
ao chegar á AROUSA!!
O ARCO DA VELLA
recibiunos entre a tormenta!!
Ata a próxima!!
domingo, 20 de novembro de 2022
A festa do MAGOSTO!!
Ola peques e familias!!
Imos de FESTA EN FESTA!!
A do MAGOSTO
é das nosas preferidas!!
Aquí a nosa presentación
da festa cunha RIMA!!
E se a transformamos
en RAP?? Atrevémonos
a todo!! Escoitade, escoitade!!
Viñemos con vestimenta
para a ocasión!!
Como nos rimos coas carretillas!!
Cal foi o voso xogo favorito?
Animádevos a contalo
nos comentarios!!
E non hai festa sen comilona!!
As castañas e os boliños de
chourizo...ENCANTÁRONNOS!!
Grazas cociñeiros!!
Foi unha merenda moi
especial e...graciosa!!
Pero despois...tocaba CANTAR
E BAILAR na FOLIADA!!
Comezaron de sorpresa...
@S MESTR@S!!
E continuámola tod@s!!
PASÁMOLO PIPA e marchamos
moi content@s co noso conto
da "CASTAÑA QUE ESTOUPOU
COA RISA"!!
venres, 18 de novembro de 2022
Que vos parece se imos de compras??
Ola peques e familias!!
Levamos unha boa tempada
falando de ALIMENTACIÓN
e non podiamos complementar
mellor o tema que cunha experta,
xa que Susana, a nai de Ari,
traballa nun supermercado!!
Ten varios traballos alí:
caixeira, charcuteira, peixeira...
que pasada!! E varios uniformes!! 
Algo moi importante que nos comentou foi que deben respectar moi ben as MEDIDAS DE SEGURIDADE E HIXIENE!! Ela grazas a unhas luvas especiais o outro día non se mancou nun dedo...menos mal!!
Todo seguiu...
cun SUPERMERCADO
que montamos na aula!!
Así que alí nos fomos de compras!! Susana e Ari atendéronnos de marabilla!! Pero...como nos gusta estar preparad@s e valorar moito o esforzo por vir a vernos, preparámonos ben os días anteriores co repaso das MOEDAS, BILLETES E SITUACIÓNS DE COMPRA con retos e produtos/prezos reais grazas á vosa COLABORACIÓN!!
Mirade, mirade...
Algunha dúbida xurdiu nos RETOS
pero logramos resolvela!!
Pero isto non rematou aquí!!
Susana e Ari tíñannos un APERITIVO SORPRESA para antes de comer directamente chegado da súa charcutería!! Estaba delicioso!!
Ata pronto!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
Obradoiros de xogos tradicionais!!
Ola peques e familias!! Este trimestre estivo cheo de OBRADOIROS DE TRADICIÓN ORAL grazas aos nosos avoíños e avoíñas!! Canto aprendemos e ...

-
Ola peques e familias!! Nas LINGUAS estamos avanzando un montón na aprendizaxe da ORTOGRAFÍA, tan importante para unha CORRECTA ESCRITURA!...
-
Ola peques e familias!! Como sabedes, esta semana comezou cunha visita moi, pero que moi especial!! Despois de todo o curso inmersos na ART...
-
Ola peques e familias!! Vaia dous días de emocións levamos!! Onte antes da festa de pixamas recibiamos unha CARTA moi especial!! Xa facía u...