luns, 31 de maio de 2021
xoves, 20 de maio de 2021
Semana das Letras Galegas!!
Ola peques e familias!!
Seguimos na semana das Letras Galegas!!
Xa coñecemos moito máis a
XELA ARIAS CASTAÑO
e algunhas das súas obras!!
A que escribiu cando tiña 11 anos,
algúns contiños, a súa faceta de tradutora
e os poemas do seu libro: "DARÍO A DIARIO".
Hoxe grazas a estes últimos comezamos
a traballar o paso do tempo na familia
e na nosa vida e...ata rapeamos!!
Estaredes practicando, non?
E agora varias formas máis de
festexar a semana das NOSAS LETRAS!!
Visitar o:
Navegar por un marabilloso DICIONARIO
elaborado por todo o alumnado do colexio,
sempre coa vosa colaboración!!
Nel poderedes atopar
PALABRAS e EXPRESIÓNS da AROUSA
nas voces dos peques!!
Visitar a
REVISTA DESTE CURSO!!
E por último... a CANTAR e BAILAR
coa NOSA SUPERLINGUA
da man de "Gramola Gominola"!!
ATA PRONTO!!
venres, 14 de maio de 2021
TAREFA SEMANAL polo DÍA DA FAMILIA!!
Ola, ola!!
Estamos ás portas de varias celebracións!!
O "DÍA DAS LETRAS GALEGAS"
o vindeiro luns,
adicado este ano a XELA ARIAS!!
A semana que ven seguiremos
coñecéndoa máis e traballando
o seu poema: DARÍO A DIARIO,
que escribeu cando naceu o seu fillo,
no que, a través da FAMILIA
fala do PASO DO TEMPO.
E relacionando ambas cousas,
e sendo o sábado o "DÍA DA FAMILIA",
chega a TAREFA SEMANAL!!
Será o punto de partida do seguinte
proxecto que comezaremos na aula
nos próximos días!!
IMOS COA TAREFA!!
1º. Buscar unha FOTO ANTIGA onde saia algúen da familia nalgún lugar da Arousa (ou da localidade onde vivides).
2º. RECREAR esa foto coa nena ou neno como protagonista. É dicir, REPETIR A FOTO NO MESMO LUGAR e o máis similar posible, para poder ver o paso do tempo tanto no espazo físico, na familia...ou noutros aspectos como, por exemplo, a vestimenta.
3º. Escribir a "HISTORIA" da foto orixinal: cando foi feita, quen a fixo, porque se fixo, quen aparece nela, algunha anécdota...
A "historia" da foto antiga traédea á aula.
5º. Data límite: o vindeiro xoves, 20 de maio.
E para rematar dúas cousiñas!!
O enlace ao BLOG DA BIBLIOTECA
onde LIBRIA recopilou un montón
de cousiñas sobre XELA ARIAS!!
Apertiñas enormes!!
sábado, 8 de maio de 2021
Que divertido é o TEATRO!!
Ola peques e familias!!
Como nos gusta descubrir
DIFERENTES TIPOS DE TEXTOS!!
Fai un tempiño xa traballamos a...
POESÍA!!
E agora tocou o...
TEATRO!!
Primeiro aprendemos que é,
os seus elementos, tipos, etc.
Despois tocou LER e interpretar!!
Comezamos localizando
SIGNOS DE PUNTUACIÓN importantes..
E rematamos as lecturas cunha gran obra
de teatro coa nosa bruxa favorita, CELIDONIA!!
E, por último, ilustrámolas!!
Agora...xa estabamos preparad@s
para CREAR as nosas propias OBRAS!!
Primeiro elexir e crear as personaxes!!
Tipo de ave, nome e debuxo da mesma!!
Listo este paso, creamos unha pequena
historia en borrador coas nosas personaxes
que logo convertimos nunha OBRA DE TEATRO!!
Elaboramos un traballiño ben presentado
con todo, practicamos moito e...
a REPRESENTAR!!
Aquí os estupendos resultados!!
Que vos parece familias??
Nós quedamos moi content@s
co noso traballo!!
E aprendemos mooooitas cousiñas
mentras nos divertimos!!
Recordade repasar máis sobre "O TEATRO"
e as "ROCHAS E OS MINERAIS"
nas entradas anteriores!!
ATA PRONTIÑOOO!!
mércores, 5 de maio de 2021
Viaxando de CON en CON!!
Ola peques e familias!!
E seguimos de CON EN CON!!
Vaia travesía estamos a facer
polas ROCHAS DA AROUSA!!
E que interesante está resultando!!
O CAMALEÓN fai un tempiño
descubría que son SERES INERTES...
recordades?
Pero na nosa Illa de Arousa cobran vida
grazas ás súas historias!!
Umm...pero imos recordar a diferenza
entre unha rocha e un mineral!!
Atendede, atendede!!
E para rematar...
UN VÍDEO E UNHA NOVA
PARA PENSAR!!
Que pasaría se un día
desaparecesen os MINERAIS??
Son máis importantes do que cremos,
verdade?? Están en todas partes!!
E agora comentade debaixo...
que vos parece o vídeo e esta nova??
ROCHAS FORMADAS POR PLÁSTICOS.
Os plásticos...
están xa en todas partes!!
Seguiremos axudando a reducilos!!
E PARA REMATAR...
BENVIDO COMPI!!
Apertiñas peques!!
sábado, 1 de maio de 2021
Encantounos o "LAND ART"!!
Ola peques e familias!!
Que xenial foi este venres!!
Comezamos cunha SAÍDA cunha
actividade ARTÍSTICA moi especial!!
Adentrámonos no "LAND ART"!!
Primeiro ben atent@s á profe Xema!!
Debiamos traballar coa NATUREZA,
pero pedíndolle permiso para facer ARTE
con ela e prometéndolle que non lle fariamos
dano e a deixariamos tal e como a atopamos!!
Saír do cole, aproveitar o marabilloso entorno
que nos rodea, airearnos, cargar pilas, evadirnos
un pouco desta situación, disfrutar xunt@s e...
APRENDER!!
Educación plástica, rochas e minerais,
matemáticas, valores de traballo en equipo,
responsabilidade e coidado da natureza...
E para rematar a saída,
merendola nun pinar para repoñer forzas,
un pouco de xogo libre na natureza e...
volta ao cole renovad@s!! Peques e mestras!!
Por certo...para ver as OBRAS DE ARTE
resultantes, teredes que agardar un pouquiño!!
Só un pequeno adianto...
Ademais, temos xogos novos
e para todos os gustos!!
Balanzas, xeoplanos, letras magnéticas,
xogos de creatividade e motricidade,
diana para traballar a suma de decenas, mapas...
Encántanos APRENDER divertíndonos!!
Contádenos...algunha vez fixerades "LAND ART"?
Seguro que miles de veces!!
Boa fin de semana!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
Obradoiros de xogos tradicionais!!
Ola peques e familias!! Este trimestre estivo cheo de OBRADOIROS DE TRADICIÓN ORAL grazas aos nosos avoíños e avoíñas!! Canto aprendemos e ...

-
Ola peques e familias!! Nas LINGUAS estamos avanzando un montón na aprendizaxe da ORTOGRAFÍA, tan importante para unha CORRECTA ESCRITURA!...
-
Ola peques e familias!! Como sabedes, esta semana comezou cunha visita moi, pero que moi especial!! Despois de todo o curso inmersos na ART...
-
Ola peques e familias!! Vaia dous días de emocións levamos!! Onte antes da festa de pixamas recibiamos unha CARTA moi especial!! Xa facía u...