Ola peques e familias!!
Esta semana tamén retomamos os OBRADOIROS DE FAMILIAS!! Aproveitando que na aula e tamén coa teacher Olalla emprendemos nova viaxe ao Reino Unido... que mellor que invitar a unha experta que traballa para unha empresa de Londres?? Visitounos Raquel, a nai de Emma que é CONTABLE!!
Presentounos a súa oficina da casa e tamén o edificio da súa empresa en Londres!! Alucinamos co grande que era!! Tamén nos trouxo instrumentos importantes no seu traballo, como o ordenador, a calculadora, as axendas, os móbiles... e aprendemos moitas das palabras que usa en inglés no seu día a día!!
Tamén traballa con moedas xa que ten que facer contas para poder pagarlle ás persoas que realizan todos os SERVIZOS de coidado dos 120 edificios que xestiona a súa empresa!! Así que nos preparou un xogo no que nos convertemos en auténticos CONTABLES!!
De feito, agasallounos cuns carnés de SUPERCONTABLES ou SUPER-ACCOUNTANT e uns debuxos para colorear!!
Despois, aproveitando que tiñamos inglés contounos que o máis importante para ela é o gran EQUIPO que forma coas súas compañeiras que, a pesar de estar lonxe, síntense preto grazas ás novas tecnoloxías!! Así que nos sorprendeu cunha videochamada cunha compi de Londres!! Alucinamos o ben que falaban inglés as dúas e ata puidemos saudar á súa compi na súa lingua!!Tamén nos contou moitas curiosidades de Londres como que lles encanta agasallar postais para todo e trouxo varios contos para deixar na biblio que viñeron dende esa cidade!! VAIA AGASALLAZO!!E tamén trouxo un que lle encanta a Emma para contarnos e... o SORPRESÓN foi cando apareceu Naia, a irmanciña pequena de Emma!!
Antes de marchar, pedímoslle que nos axudara a clasificar a súa profesión que neste caso é do sector terciario, das que prestan SERVIZOS.E para despedila tocounos a nós sorprendela cantándolle xa que era o seu aniversario e entregándolle o merecido DIPLOMA!! Moitas grazas por todo o que nos ensinaches!! Esperamos que o disfrutases tanto coma nós!! Apertiñas agradecidas!!
Tamén nos contou moitas curiosidades de Londres como que lles encanta agasallar postais para todo e trouxo varios contos para deixar na biblio que viñeron dende esa cidade!!
VAIA AGASALLAZO!!Antes de marchar, pedímoslle que nos axudara a clasificar a súa profesión que neste caso é do sector terciario, das que prestan SERVIZOS.







































