xoves, 30 de marzo de 2023
luns, 27 de marzo de 2023
Aniversarios do segundo trimestre!!
Ola peques e familias!!
Comezamos co primeiro
compi en cumprir 8 ANAZOS!!
IAGO!!
Ademais de pasalo xenial cantándolle compartiu con nós un biscoito enorme e riquísimo!!
Grazas Iago e PARABÉNS!!
A seguinte foi IRINA!!
As galletiñas que coronaban o biscoito que trouxo xa adiantaban o bo que finalmente estaba!!
Grazas e PARABÉNS compi!!
E pechou o trimestre ARI!!
Vaia pinta tiña a tarta caseira que nos repartiu!! Estaba boísima!!
Grazas por compartila
con nós e PARABÉNS!!
Tamén lle cantamos as nosas
CANCIÓNS estrela
e bailamos un montón!!
Todos levaron as súas
postaliñas asinadas
con todo o noso agarimo!!
Esperamos con ilusión os últimos aniversarios do curso no próximo trimestre!!
Ata prontiño!!
domingo, 26 de marzo de 2023
Xogando e experimentando!!
Ola peques e familias!!
Xogar e experimentar!!
Non hai mellor forma de APRENDER!!
E se polo medio entran as NOVAS TECNOLOXÍAS cun uso correcto...xa é perfecto!! Esta é a tónica xeral na nosa aula!!
Coas TABLETS fixemos un XOGO de investigación xenial por parellas de SINÓNIMOS E ANTÓNIMOS!!
E seguimos experimentando cos LÍQUIDOS e as súas medidas!! Pasámolo pipa, aprendemos máis sobre os LITROS e...mollamos un pouco a aula tamén!!jiji!
E non podían faltar os KILOS!! Para iso estamos comezando a usar balanzas, básculas, paquetes de lentellas e arroz...
Tamén moi interesante!!
Probade a experimentar
na casa!! E practicade cos
xogos da entrada anterior!!
Apertiñas!!
mércores, 22 de marzo de 2023
Un mix de xogos!!
Ola peques e familias!!
Co remate do trimestre...
imos a por uns xogos
moi interesantes!!
Comezamos cos
ECOSISTEMAS!!
Un recordatorio e a xogar!!
XOGO ECOSISTEMAS
XOGO TIPOS DE ECOSISTEMAS
Continuamos cos
LITROS e os KILOS?? 
XOGO 1
XOGO 2
E, por último, atrevédesvos a separar estas palabras correctamente?? Adiaaaaante!!
XOGO 1
XOGO 2
Despedímonos por hoxe preguntándovos...
que xogo vos gustou máis?
Contádeo en comentarios!!
Apertiñas medidoras!!
luns, 20 de marzo de 2023
Repasando mentras xogamos!!
Ola peques e familias!!
Estes días estamos pasándoo
pipa entre plantas e animais!!
Pero tamén xogando a formar
PALABRAS COMPOSTAS!!
Fixemos varias actividades e a que máis nos gustou foi un xogo partindo dunha INVESTIGACIÓN COAS TABLETS e tirando de moita creatividade e imaxinación!!
É moi divertido e hai que
darlle moito ao coco!!
Xa o veredes nestes xogos!!
XOGO: PALABRAS SIMPLES OU COMPOSTAS
Atrevédesvos agora en galego?
XOGO DAS PALABRAS COMPOSTAS.
XOGO 2
E comezaremos tamén o repaso de...
SINÓNIMOS E ANTÓNIMOS!!
Acordádevos deste bo amigo noso??
Recordades o seu nome?
Resolvédeo nos comentarios!!
mércores, 15 de marzo de 2023
O apaixoante mundo dos SERES VIVOS!!
En definitiva...o NOSO MUNDO!!
Ola peques e familias!!
Levamos uns días indagando nas nosas ideas previas sobre os SERES VIVOS dos que nós formamos parte!!
Alucinounos saber todo o que temos en COMÚN os ANIMAIS coas PLANTAS!!
XOGO: CARACTERÍSTICAS SERES VIVOS
XOGO 2
Pero tamén hai DIFERENZAS
moi interesantes!!
No primeiro contiño destes descubrimos unha delas que é alucinante!! A FOTOSÍNTESE!! Xa que as plantas fabrican o seu propio alimento!!
Recordades que CATRO COUSAS
IMPORTANTES precisan?
Animádevos a facer unha LISTA en comentarios!! Recordade os pasos!!
XOGO: PARTES DAS PLANTAS
XOGO 2: PARTES DAS PLANTAS
XOGO: TIPOS DE PLANTAS
XOGO: A FOTOSÍNTESE
Tocou unha entrada de
REPASO CON XOGOS!!
Apertiñas!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
A biblioteca galáctica contra a IA fantástica!!
Ola peques e familias!! O título desta entrada correspóndese co do libro que nos agasallou LIBRIA e no que se basea a OBRA DE TEATRO á que...
-
Ola peques e familias!! Nas LINGUAS estamos avanzando un montón na aprendizaxe da ORTOGRAFÍA, tan importante para unha CORRECTA ESCRITURA!...
-
Ola peques e familias!! Como sabedes, esta semana comezou cunha visita moi, pero que moi especial!! Despois de todo o curso inmersos na ART...
-
Ola peques e familias!! Vaia dous días de emocións levamos!! Onte antes da festa de pixamas recibiamos unha CARTA moi especial!! Xa facía u...