martes, 29 de abril de 2025

Semana do libro!!

Ola peques e familias!! 

Despois do gran apagón xa podemos acceder ao blog para contarvos a marabillosa SEMANA DO LIBRO!! No cole realizáronse moitas actividades nas que participamos!! Unha delas foi crear uns preciosos MARCAPÁXINAS que aquí vos deixamos!! 

Libria vos explica todo con detalle no seguinte enlace: 

BLOG DA BIBLIOTECA

Moi relacionado coa SEMANA DO LIBRO na nosa aula seguimos aprendendo e vivenciando os diferentes XÉNEROS LITERARIOS!! A POESÍA é moi interesante!! Mirade que libriño elaboramos entre todos/as!! 

Tamén continuamos co TEATRO!! Despois de asistir a un espectáculo no auditorio e crear a nosa propia obra de TÍTERES, tocou convertir nós mesmos/as un chiste en TEATRO e representalo por grupos!! Con decorado e vestuario improvisado e incluso apuntador/a!! 


Pero isto aínda non remata aquí e Libria tróuxonos un lote dun libro de teatro ben divertido que xa estamos lendo!! 

Repartimos personaxes e non paramos de ler e interpretar!! Encántanos!! 

É incrible o que melloramos na lectura!! Velocidade, entoación, atención...e moito máis!! E seguimos practicando!! 

Apertiñas lectoras!!

venres, 25 de abril de 2025

Obradoiros dos avoíños!!

Ola peques e familias!! 

Os OBRADOIROS dos nosos AVOÍÑOS E AVOÍÑAS aínda continuaron e continúan!! A principios de marzo visitáronnos a AVOA DE CARMEN e o AVÓ DE HUGO que nos viñeron a falar de XOGOS TRADICIONAIS!! 

Foi estupendo escoitalos e aprender tanto!! Pero o mellor de todo foi saír ao patio a xogar con eles!! Tamén nos trouxeron o agasallo dunhas BÓLAS e dun TRES EN RAIA (PAI-NAI-FILLO) que farán que eses XOGOS dos que nos falaron estén máis presentes no noso día a día!! No seguinte enlace podedes ver todo!! 

CARCAMÁN TV

Uns días despois visitounos a BISAVOA DE BREIXO. Ela falounos da vida de antes con tanto detalle que ata conseguimos trasladarnos a aquela época!! 

Ademais, trasladámonos a través dos XOGOS!! Tirou o TROMPO CON NÓS e agasallounos con io-ió que nos axudou a usar!!No seguinte enlace podedes ver todo!! 

CARCAMÁN TV

Antes de marchar, démoslle o seu merecido DIPLOMA e un gran aplauso!! 

Mil grazas polo voso tempo e adicación!!

 Apertas emocionadas!!

mércores, 23 de abril de 2025

Día do libro!!

Ola peques e familias!! 

Por fin chegou o DÍA DO LIBRO!! Aínda que no cole xa o levamos celebrando dende principios de mes!! Xa lemos o libro que nos agasallou Libria e fomos ao espectáculo de títeres, temos CONTACONTOS na biblio nos recreos e recibimos un debuxo de Libria feita con Intelixencia Artificial para colorear!! 

E esta semana... NOVA SORPRESA dende a biblioteca!! 


No día de hoxe hai unha TRADICIÓN extendida, sobre todo, noutras zonas de España que propón agasallar cun LIBRO E UNHA ROSA.

 Pois Libria colleu a idea e preparou unha actividade para todo o cole adaptada á nosa terriña. Pronto vola contará no BLOG DA BIBLIO!! Deixámosvos unha pista...

Mentras tanto nós neste día tan especial visitamos a biblio e saímos a ler ao patio aproveitando o bo tempo!! Houbo lecturas para todos os gustos e ata CONTACONTOS entre nós!!

 Foi un momento estupendo!! Ademais, a profe Zaira e a profe Ali ensináronnos libros noutras linguas que trouxeron das súas viaxes!! Que interesante!! 

E marchamos da biblio cunha pegatina de Libria!! Mellor imposible!! 

Apertiñas lectoras!!

xoves, 17 de abril de 2025

Aniversarios de Nadal e do segundo trimestre!!

Ola peques e familias!! 

Este trimestre festexamos varios aniversarios!! Comezamos cos de Nadal!! Enma e Alba trouxeron dous superbiscoitos para compartir!! Alba rematou o ano cumprindo 7 aniños e Enma comezouno estreando os 8 na nosa aula!! PARABÉNS ÁS DÚAS!!

Xa no mes de marzo continuamos coa celebración dos aniversarios de Alén, Vera, Breixo e Hugo!! 

Viñeron cargadiños de tortas riquísimas e agasalliños!! PARABÉNS A TODOS/AS!! E no mes de Abril cumpriu Roi que quixo festexar o seu día con nós antes das vacacións!! Grazas por esa torta deliciosa e polas prantiñas que coidaremos ben á volta!! PARABÉNS COMPI!!

E con esta entrada despedimos o segundo trimestre con OBRADOIROS DE AVOÍÑOS/AS pendentes de contarvos e moito máis nuns diíñas de novo!! 

FELICES VACACIÓNS 

E FELIZ DESCANSO!!

Apertiñas golosas!!

Festa fin de trimestre!!

Ola peques e familias!! 

E despois de moitos meses de traballo e aprendizaxes... chegou o último día!! Día de FESTA e sorpresas!! 

Cando chegamos tivemos a primeira!! A profe Miriam díxonos que a profe Ali estaba ocupada e que iríamos ese ratiño á planta de abaixo da biblioteca!! E que nos atopamos?? UN PALLASO!! O pallaso PITICLÍN!!

Precisaba a nosa axuda así que nos sentamos a escoitalo atentamente pero ao final... convertouse en CONTACONTOS e fíxonos un espectáculo co que rimos moito!! Grazas PITICLÍN!!



Despois tocou a merendola con festa incluída!!




 E, para rematar, tivemos unha SORPRESIÑA de Libria e as personaxes do conto!! Deixámolas ben bonitas no final da mañá antes de despedirnos!! 

Tamén neste trimestre festexamos varios ANIVERSARIOS que recollemos na seguinte entrada para pechar estes meses xunt@s!! Apertiñas festeiras!!

Aniversarios do terceiro trimestre e verán!!

Ola peques e familias!!  Este trimestre festexamos os últimos ANIVERSARIOS do curso!! Comezamos cos de Álex, Carmen, Sofía e Icía que quixer...