domingo, 31 de marzo de 2024
Un obradoiro moi eléctrico!!
Ola peques e familias!!
Os dous últimos obradoiros do segundo trimestre viñeron moi relacionados!! Neste caso visitounos o pai de Icía que é ENXEÑEIRO ELÉCTRICO!!
Trouxo materiais moi interesantes para ensinarnos e explicarnos!! 
Pero... o que máis nos gustou foron os EXPERIMENTOS!! Nós mesm@s xeramos electricidade estática e conseguimos levar electricidade dunhas pilas ata un ventilador e unha bombilla que acendemos!! Foi incrible!!
Ata un con auga!!
Viñeron cargados de agasalliños!!
E despois de axudarnos a clasificar a súa profesión entregamos o merecido DIPLOMA!!
Rematamos con moitos aplausos e a palabra máxica: GRAZAS POR TANTA APRENDIZAXE E DIVERSIÓN!!
Apertiñas eléctricas!!
Descubrimos o mundo das OSTRAS!!
Ola peques e familias!!
No segundo trimestre tivemos un obradoiro moi da nosa localidade da man dos pais de Enma e Roi!!
Eles coñecen as OSTRAS como ninguén por iso nos explicaron todo o proceso dende a CRÍA ata que chegan ás nosas casiñas!!
Tamén trouxeron unhas CUNCHAS para ensinarnos e unhas OSTRAS ben cheíñas!!
Sorprendéronnos cunha MERENDOLA moi especial!! Unha empanada de ostras e algas con forma de peixe!!
Tamén dous libriños ben interesantes para a aula!! Vaia agasallazos!!
Para rematar, axudáronnos a clasificar as súas profesións e recibiron o merecido DIPLOMA!!
Despedímonos con grandes aplausos e a palabra máxica: GRAZAS!! APRENDEMOS UN MONTÓN E PROBAMOS NOVOS SABORES MOI INTERESANTES!!
Apertiñas marítimas!!
Como funciona unha fábrica de kiwis??
Ola peques e familias!!
No segundo trimestre tamén nos visitou a nai de Icía que traballa nunha fábrica de kiwis!! 

Veu cargadiña con moitas cousas e trouxo unhas fotos moi interesantes onde vimos todos os pasos previos a que os kiwis cheguen ás nosas casiñas, ademais de coñecer ben a súa planta, flores...
Despois recolectamos kiwis e os comemos coas "CUCHICHARAS" que nos agasallaron!! Estaban boísimos!!
Tanto que merendamos durante toda a semana esta froita aproveitando a caixa deles que nos deixou a nai de Icía!! Que sorte tivemos!!
O único problema é que os elfiños fixeron das súas...
E, por se fora pouco, tiñan máis agasallos para nós!! Un coxín moi orixinal para a nosa biblio de aula, unha mascotiña que atopamos no libro de Amaranta e unhas bolsiñas ben equipadas!!
Despois de axudarnos a clasificar a súa profesión recibiu o seu merecido DIPLOMA!!
Rematamos cuns aplausos e a gran palabra máxica: GRAZAS!! APRENDEMOS UN MONTÓN E GOZAMOS DUNHA SÁ E RIQUÍSIMA MERENDOLA!!
Apertiñas froiteiras!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
A biblioteca galáctica contra a IA fantástica!!
Ola peques e familias!! O título desta entrada correspóndese co do libro que nos agasallou LIBRIA e no que se basea a OBRA DE TEATRO á que...
-
Ola peques e familias!! Nas LINGUAS estamos avanzando un montón na aprendizaxe da ORTOGRAFÍA, tan importante para unha CORRECTA ESCRITURA!...
-
Ola peques e familias!! Como sabedes, esta semana comezou cunha visita moi, pero que moi especial!! Despois de todo o curso inmersos na ART...
-
Ola peques e familias!! Vaia dous días de emocións levamos!! Onte antes da festa de pixamas recibiamos unha CARTA moi especial!! Xa facía u...