venres, 3 de maio de 2024

Día internacional da DANZA!!

Ola peques e familias!! 

Este curso máis que nunca grazas ao noso PROXECTO: "BENESTART" estamos profundizando en todos os  tipos de ARTE que nos rodean!!

 Grazas á profe Patri o BAILE/DANZA está moi presente no noso cole sempre e, especialmente, o día 29 de abril!! Para festexalo sobran as palabras con este PRECIOSO E DIVERTIDO VÍDEO!! 
VÍDEO: DÍA INTERNACIONAL DA DANZA

Agora tócavos a vós, animádesvos?? 

GRAZAS PROFE PATRI por ensinarnos con tanto agarimo sempre dende os SORRISOS e a diversión!! 

Apertiñas musicais!!

luns, 29 de abril de 2024

Figuras planas e corpos xeométricos!!

Ola peques e familias!! 

Hoxe toca repasar as 

FIGURAS XEOMÉTRICAS 

PLANAS básicas!! 

Agora tócavos crealas neste XEOPLANO!! 

XEOPLANO 

E XOGAR MOITO PARA REPASAR!! 

Se teñen VOLUME, é dicir, ocupan un espazo, xa falamos de CORPOS XEOMÉTRICOS como os seguintes!! 


Cuns XOGOS rematamos!! 

Apertiñas estudosas!!

domingo, 28 de abril de 2024

As viaxes do elfiño!!

Ola peques e familias!! 

O ELFIÑO sigue visitando as casas!! Recordades que tiña unha MISIÓN ARTÍSTICA OU DE AXUDA en cada unha delas seguindo o proxecto de ARTERAPIA deste curso!! Xa vos contaramos a de Valentina que foi á primeira que visitou pero aquí van máis!!
ARTÍSTICAS!!
DE AXUDA/CONVIVENCIA!!


Pero como xa imaxinades... aproveitou para facer TRASNADAS das súas!! Iso si, sempre cousiñas que se poidan arranxar!! Coas fotos sobran as palabras!! 

Aínda que tamén tivo momentos tranquiliños!! Menos mal!!

Non perde ningunha oportunidade este elfiño!! É tremendo!! Pero que ben o pasamos con el!! É un GRAN PINTOR DE SORRISOS!!

As viaxes continúan... non vos perdades as próximas aventuras!!

Apertiñas viaxeiras!!

Día internacional da DANZA!!

Ola peques e familias!!  Este curso máis que nunca grazas ao noso PROXECTO: "BENESTART" estamos profundizando en todos os  tipos d...